O gol de Busquets que fixo millonario ao pobo de Verín
Un premio de 2.403.024,45 euros euros. Ese é o colosal premio dunha Quiniela selada en Verín, que converteu en millonario a un dos catro acertantes a nivel nacional do pleno ao quince.
Un premio de 2.403.024,45 euros euros. Ese é o colosal premio dunha Quiniela selada en Verín, que converteu en millonario a un dos catro acertantes a nivel nacional do pleno ao quince.
Hai un novo rico en Verín. Ou rica. Ou ricos. Porque a Quiniela gañadora puido ser selada por un home, unha muller ou un grupo de peñistas. O que é indubidable é que os máis de 2 millóns de euros que caeron na localidade van ser celebrados máis que un gol no último minuto. Mesmo pode abrirlle a porta á persoa dona do boleto para ser dono dun equipo de fútbol con semellante premio.
PREMIO DIFICIL
Hai que poñer en valor que esta xornada, a 13 do campioa ligueiro, non era a máis fácil de todas se nos referimos a vaticinar os acertos. É certo que Real Madrid, Barcelona, Atlético de Madrid ou Valencia cumpriron os seus compromisos, partidos nos que o tropezo dos xigantes do fútbol español deixa a máis dun ás portas do pleno ao quince.
Con todo, o empate do Leganés en Anoeta estreando técnico, a vitoria dun necesitado Mallorca ante o lanzado Villlarreal, o triunfo do Sevilla no clásico andaluz en casa do Real Betis ou o empate entre o Raio Vallecano e o Cádiz son algúns dos resultados difíciles de vaticinar. Ademais, o gol postremeiro de Ander Capa para a vitoria do Athletic ou o gol de Busquets nos minutos finais para que acertar o resultado do pleno ao quince, son deses sucesos que cambian por completo unha xornada que podemos catalogar de inesperada. Inesperada, menos para catro premiados, aos que o fútbol cambiou a vida.
Escribe o teu comentario