Baiuca, cabeza de cartel da refrescante Batucada de Verín
Galicia está repleta de festas esta fin de semana, pero una das máis orixinais é a Batucada de Verín. O Concello programou un completo programa de actividades de música e actividades lúdicas pensadas para todas as idades.
Galicia está repleta de festas esta fin de semana, pero una das máis orixinais é a Batucada de Verín. O Concello programou un completo programa de actividades de música e actividades lúdicas pensadas para todas as idades.
O cabeza de cartel no musical é Baiuca, o dj gañador dos premios Martin Códax da Música que logrou fusionar con éxito as melodías tradicionais galegas coas pistas de baile. Alejandro Guillán, “Alex Casanova” levará o seu aposta pola vangarda e a música de raíz á Praza García Barbón a partir das 12 horas da noite do sábado.
Baiuca
O tradicional desfile de formacións de batucada empezase o sábado a partir das 19:15 cos composteláns Trópico de Grelos e a locais Charanga Támega.
Haberá outro desfile, neste caso de disfraces, por algo Verín é unha das capitais do entroido galego, o venres. Será o da ludoteca, a partir das 11 horas, e a temática deste ano serán os superheroes.
A AUGA, PROTAGONISTA DA FESTA
E para combater a forte calor que azouta o interior, nada mellor que empaparse. Haberá polo menos dúas oportunidades.
A festa acuática na praia fluvial, pensada para os máis pequenos, será o venres entre as 4:30 e as 8:30 da tarde. A divertida festa da escuma e a auga será ao día seguinte, en García Barbón a partir das 5. Para os que queiran achegarse sen perigo, o concello ofrece fundas imperambles por só tres euros.
Escribe o teu comentario