Folga de médicos mércores e xoves en toda Galicia polo Estatuto Marco
SIMEGA defende os paros do mércores 14 e xoves 15 de xaneiro e anima aos sanitarios a secundar a folga.
O Sindicato de Médico de Galcia (SIMEGA) insta a todos os médicos, facultativos e residentes a participar nas mobilizacións previstas con motivo dos dous días de folga convocados para o mércores 14 e xoves 15 de xaneiro, en defensa dun Estatuto Marco propio e pola recuperación da calidade asistencial.
Así mesmo, anima aos traballadores a sumar ás concentracións que se celebrarán ás 11.00 horas o mércores e o xoves, acudindo ás portas dos principais centros hospitalarios das distintas áreas sanitarias do Sergas.
O mesmo para a manifestación que se celebrará o mércores 14 e que partirá da Alameda de Santiago ás 18.00 hora para acabar na Praza de Platerías.
A central sindical esixe un Estatuto Marco propio ao Ministerio de Sanidade, pero tamén expón outras demandas ao Sergas, destacando o desenvolvemento integral do novo modelo de Atención Primaria -- cumprindo os acordos alcanzados o 25 de novembro de 2025 que levaron á desconvocatoria da folga --.
Entre eses acordos atopábase a voluntariedad para facer gardas en Atención Primaria de maneira incentivada, incluídas as dos sábados pola mañá; a desaparición paulatina da categoría FEAP, -- medida que xa se iniciou --, a limitación de axendas a 30 actos; a redución das tarefas burocráticas e o acceso á especialidade exclusivamente a través da vía MIR.
Reclaman tamén á Consellería a aplicación do Acordo de Urxencias Hospitalarias de 2007 no referente á xornada, retribucións e condicións de traballo, e o desenvolvemento do Regulamento para módulos compensatorios de gardas, incluíndo menores de 55 anos exentos por razóns de saúde.
Escribe o teu comentario