Feijóo xustifica o fin do paritorio de Verín porque hai poucos partos e isto inflúe na seguridade

Di que hai "unanimidade" de pediatras e xinecólogos da área ao avalar o paso e que non quedará "ben politicamente" a costa "da seguridade"

|

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, xustificou este xoves o peche do paritorio de Verín (Ourense) por motivos de "seguridade" para as nais e os recentemente nados. Segundo defendeu, os expertos en Xinecología e Pediatría da área sanitaria coinciden "por unanimidade" en que hai que dar este paso por razóns de seguridade dada "a diminución drástica de partos anuais".


Entrada ao hosital do SERGAS en Verín nunha imaxe de Google Street View



En concreto, explicou que a media de partos no hospital de Verín era de 147 nos últimos anos, e neste 2019 apenas chegará a 60 nacementos, mentres que as sociedades científicas sitúan na atención de entre 300 e 600 partos o arco adecuado para garantir a mellor práctica clínica.


"As decisións que se adoptan en Verín hoxe, mañá ou pasado son as decisións que os médicos nos propoñen", sentenciou Feijóo, quen se reafirmou en que os servizos de Xinecología e Pediatría da área de Ourense propuxeron pechar o paritorio "por razóns de seguridade".


"Se fixésemos o contrario e tras estar advertidos claramente, seriamente e por escrito, estariamos a poñer en risco a seguridade dos recentemente nados e as nais", dixo o presidente, para quen "non se trata de quedar ben politicamente á conta da seguridade dunha muller de parto".

A continuación, insistiu en que a unanimidade "é esmagadora" e criticou que se faga "demagoxia" con esta cuestión. "De quen teñen informes técnicos eses políticos? Todos os pediatras e obstetras de Ourense están equivocados? Se tamén somos responsables de seguir os criterios médicos, asumimos esa responsabilidade", resolveu.

FORMACIÓN DE MATRONAS
Por outra banda, o Consello de la Xunta autorizou este xoves o convenio de colaboración entre o Sergas e a USC para o desenvolvemento do Programa de formación da especialidade de enfermería obstétrico-xinecolóxica (matrona), así como a coordinación do funcionamento da Unidade Docente de Enfermería Obstétrico-Xinecolóxica de Galicia.

O Sergas achegará case medio millón de euros para financiar o programa formativo teórico e de coordinación da unidade docente de enfermería obstétrico-xinecolóxica, a repartir en catro anos. A capacidade desta unidade docente é de 20 prazas acreditadas.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE