As choivas torrenciais obrigan a rescatar a varias persoas en Monterrei e Verín

Un home tivo que ser restacato en Monterrei e unha muller na próxima localidade de Verín debido ás fortes choivas caídas este luns na provincia de Ourense, segundo informa o 112 Galicia.

|

Un home tivo que ser restacato en Monterrei e unha muller na próxima localidade de Verín debido ás fortes choivas caídas este luns na provincia de Ourense, segundo informa o 112 Galicia.


Inundacións ourense verin


Efectivos da Garda Civil levan a nenos en brazos polas fortes choivas / Foto: @josetes112


A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia de la Xunta activou a alerta laranxa por tormentas e choiva na zona da montaña de Ourense.


Un home que se atopaba ferido tivo que ser rescatado en helicóptero tras ser arrastrado pola forte tromba de auga caída en Monterrei.


Ademais, unha muller que se atopaba encamada tivo que ser evacuada polos servizos de emerxencia despois de que se asolagase a súa vivenda en Verín.


Inundacións verin


Varios municipios ourensáns sufriron inundacións


A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) avisou de precipitacións acumuladas de ata 30 mm nunha hora, segundo informou a Vicepresidencia de la Xunta nun comunicado.


Ademais, rexistráronse preto dunha queincena de intervencións en localidades como Monterrei, Cualedro, Verín e O Barco de Valdeorras. Nesta liña, contabilizáronse catro desprendementos en estradas, dos cales dous tiveron lugar no Barco, tres bolsas de auga en Verín e Monterrei, tres árbores caídas tamén en Monterrei e Laza; e en Cualedro faltou a subministración eléctrica.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE