A forza do mar levou por diante vehículos estacionados e o mobiliario urbano das zonas contiguas á praia. O mar invadiu a calzada e aínda a esta hora a zona tenta recuperar a normalidade despois dunha noite de tormenta.
Os ríos Ter, Fluvià e Tordera desbordáronse a mañá deste mércores, polo que a Generalitat elevou o plan de inundacións Inuncat a fase de emerxencia.
O Río Pedras de A Pobra é coñecido por moitos veraneantes e locais, que cando queren fuxir de a masificación de praia escápanse ás súas fermosas pozas, encerradas entre gargantas graníticas. Configuración xeolóxica que contribuíu este xoves a un bo susto, cando se desbordou e estivo a piques de levar por diante unha ponte, como se pode neste vídeo remitido a Galiciapress.
A situación máis grave está a darse na provincia da Coruña, onde AEMET prolonga a alerta por vento e choivas en case todas as comarcas polo menos ata as 12 da noite.
O mal tempo obrigou a pescadores e mariscadores a permanecer en terra, o que supón perdidas de miles de euros no sector en plena campaña de Nadal. A alta demanda e a escasa oferta tamén provocou que nas lonxas os prezos polas nubes e a escaseza de moitas especies sexa a tónica habitual estes días, onde moitos batallan por atopar algúns produtos como o sempre cobizado percebe.
O Tambre causa xa inundacións en varias localidades, incluído no instituto de Portomouro. Hai inundacións en Sada e polo menos un pobo de Ourense está incomunicado, debido a unha das numerosas estradas cortadas.
"Caiu ben, caiu ben", valora un dos espectadores da caída dunha fachada no centro de Cangas do Morrazo onte mércores.