Alerta por inundacións no Umia e outros ríos da conca costeira

A Xunta activou o Plan Especial por Risco de Inundacións de Galicia (Inungal) ante a subida dos caudais en ríos das concas de Galicia-Costa debido ás choivas asociadas á borrasca Karine.

|

predición do tempo fala de choivas constantes debido a Karine. A AEMET ten vixentes alertas en varias comarcas polo forte vento.  Vento que xa deixou refachos de máis de 143 quilómetros en Viveiro e de 167 na Veiga.


A Xunta activou o Plan Especial por Risco de Inundacións de Galicia (Inungal) ante a subida dos caudais en ríos das concas de Galicia-Costa debido ás choivas asociadas á borrasca Karine.


A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través do Organismo Augas de Galicia, informa de que, segundo o sistema Artemis de previsión de avenidas, "espérase un incremento do caudal xeneralizado nas concas de Galicia-Costa".


Coche choiva inundacion


Deste xeito, segundo esta previsión, recolle o 112 nas súas alertas, "poderanse superar os caudais críticos na conca do Río Umia na entrada ao encoro de Caldas, durante a mañá deste 3 de marzo".


O FACTOR DO ENCORO

Respecto diso, o 112 advirte nos seus avisos, que "o comportamento da conca do Río Umia pode estar condicionado pola xestión do encoro". En previsión deste fenómeno, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior activou na noite deste luns o Plan Especial para o risco de inundacións en Galicia, "en fase de alerta", concreta.

Por iso, o 112 incide na importancia de adoptar as "medidas preventivas necesarias" e "alertar ou mobilizar os medios e recursos" oportunos.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE