Espéranse choivas localmente fortes e ventos de ata 80 quilómetros por hora en varias comarcas
A alerta amarela hoxe só afecta as comarcas do Barbanza e á conta da Morte, por acumulación de choivas. A situación empeorá o venres para partir do venres ao mediodía no interior de Pontevedra, onde tamén se decretará a alerta amarela, segundo Metegogalicia.
As provincias galegas de Lugo, A Coruña e Pontevedra terán este xoves risco (aviso amarelo) por forte vento e ondada, segundo avisou a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET).
En concreto, en Lugo o vento do suroeste soprará con refachos máximos de 80 quilómetros por hora e mesmo se podería superar este limiar en zonas altas do interior lucense. Ademais, Pontevedra e A Coruña terán tamén aviso amarelo xa que se espera mar combinada do noroeste de catro a cinco metros e vento do sur ou do suroeste con forza 7.
Durante a xornada do xoves as precipitacións poderían ser localmente persistentes no oeste de Galicia e os intervalos de vento forte poderían afectar tamén o oeste de Asturias.
Con todo, en xeral será un día de ceos nubrados ou cubertos con choivas que en xeral serán débiles e que afectarán a Galicia, a meseta norte, norte de Estremadura e en Pireneos occidentais.
Na contorna das Rías Baixas estas choivas poderán ser persistentes e localmente fortes pero irán diminuíndo ao longo da tarde. No resto da vertente atlántica e na cantábrica, o día estará nubrado ou con intervalos nubrados mentres que na área mediterránea predominarán os ceos pouco nubrados ou con algunhas nubes medias e altas.
RESTO DE ESPAÑA
As temperaturas subirán no alto Ebro, Pireneos, Cataluña, extremo oriental de Andalucía, e Canarias mentres que descenderán en zonas do terzo sur e en Baleares. Pola noite, os termómetros manterán valores relativamente altos para estas datas tanto na Península como en Baleares.
Finalmente, os ventos soprarán de compoñente sur e oeste na Península e Baleares, con intervalos de suroeste forte nas costas de Galicia e oeste de Asturias. En Canarias o vento será frouxo e chegará desde o leste.
Escribe o teu comentario