Alerta laranxa en case toda Galicia este venres por ventos de máis de 100 quilómetros/hora e choiva

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia Primeira da Xunta activou a alerta laranxa polo temporal en toda Galicia, onde os refachos de vento poderán alcanzar ata 100 quilómetros por hora.

|

Este xoves a partir das 15 horas xa hai alerta amarela (laranxa no noroeste de coruña) polo temporal. A situación empeorará mañá, cando case todo o país estará en alerta laranxa debido ás fortes choivas e refachos de vento.


A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia Primeira da Xunta activou a alerta laranxa polo temporal en toda Galicia, onde os refachos de vento poderán alcanzar ata 100 quilómetros por hora.

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) previu que se rexistre un fenómeno adverso de nivel laranxa por vento do suroeste de forza 8 e mar combinada do oeste-suroeste, segundo trasladou a Vicepresidencia Primeira do Goberno galego. Ademais, as ondas poderán alcanzar entre cinco e sete metros de altitude no litoral noroeste, suroeste e oeste nas provincias da Coruña e Lugo, as Rías Baixas e a zona do Miño de Pontevedra.


Alertas venres aemet

Mapa de alertas para o venres na web da AEMET


Así mesmo, activouse a alerta laranxa por vento, o que implica que poderán alcanzarse ra

chas de ata 100 quilómetros por hora no noroeste, oeste e suroeste da Coruña, a montaña e a comarca da Mariña en Lugo e a zona de montaña de Ourense.

Tamén se prevé que os refachos de vento alcancen os 90 quilómetros por hora no interior da Coruña, o centro e o sur de Lugo, o noroeste e sur de Ourense e o interior da provincia de Pontevedra.

RECOMENDACIÓNS
A Xunta lembrou a necesidade de evitar a liña de costa e as zonas que poidan ser varridas polo mar nas áreas afectadas polo temporal para evitar un golpe de auga que poida arrastrar persoas ou obxectos. Ademais, recomendou extremar as medidas de seguridade se se realizan actividades no mar e revisar os cabos e amarres das embarcacións.

En canto ao vento,  os consellos son retirar obxectos de tellados, balcóns e xanelas que poidan caer na rúa e evitar a proximidade a edificios en ruínas ou en construción, árbores, paneis publicitarios e obxectos que poidan desprazarse polos refachos previstos.


Para garantir a seguridade de bens e persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do 112 Galicia, alertou da situación aos municipios, deputacións, servizos provinciais, agrupacións de voluntarios de Protección Civil e clubs naúticos, entre outros, da zona afectada.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE