Pontevedra foi a máis castigada polo temporal Jorge durante unha noite chea de incidencias en Galicia
A influencia da borrasca atlántica 'Jorge' deixou decenas de incidencias por toda Galicia durante a noite, a maioría caídas de ramas, árbores e obxectos, debido aos fortes ventos que sopraron durante horas por todas as provincias do litoral.
A Dirección Xeral de Emerxencias activou a alerta laranxa por vento na Mariña e na montaña luguesa, o interior de Pontevedra, e na Coruña, e por temporal costeiro no litoral coruñés e na provincia de Lugo.
Os fenómenos costeiros e de vento empezaron xa durante as primeiras horas da noite, con refachos do sur e suroeste que chegarán aos 100 quilómetros por hora, mentres que na costa espéranse ventos do suroeste de forza 8 e 9, ocasionalmente.
A central de Emerxencias do 112 Galicia rexistrou preto de 40 incidencias relacionadas coa meteoroloxía adversa entre as 21,00 horas do venres e as 09.00 horas deste sábado.
En concreto, foron 37 alertas, a maioría nas provincias de Pontevedra e A Coruña, con 22 e 14 incidentes. Os problemas máis comúns foron restos de accidentes, obxectos e caída de ramas e árbores nas vías de circulación, ademais de accións de prevención de riscos.
Os concellos máis afectados foron Vigo e Cangas con 6 e 4, respectivamente, ademais de Cuntis Rianxo, Muros e A Coruña, e Cenlle, onde houbo 1 incidente.
Escribe o teu comentario