Alerta por temporal toda a fin de semana no litoral de Galicia, esta tarde de nivel laranxa na Coruña e Lugo

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta ampliou a todos o litoral galego a alerta laranxa por temporal costeiro vixente para este venres no litoral das provincias da Coruña e Lugo.

|

AEMET  decreta avisos metereolóxicos  ata o luns en toda a costa de Galicia, que serán laranxas -risco importante- na Coruña e Lugo desde a tarde do venres ata as primeiras horas do sábado.  A Xunta, pola súa banda, decreta alerta laranxa hoxe en todo o litoral.


Alertas metereolóxicas de AEMET para a tarde do venres en Galicia

Alertas metereolóxicas de AEMET para a tarde do venres en Galicia 


A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta ampliou a todos o litoral galego a alerta laranxa por temporal costeiro vixente para este venres no litoral das provincias da Coruña e Lugo.

Segundo informou a Xunta nun comunicado, a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) indicou que desde o mediodía deste venres comezou un fenómeno meteorolóxico adverso costeiro de nivel laranxa por mar combinada do noroeste con ondas de cinco a seis metros en toda a costa galega, que xa estaba previsto no litoral da Coruña e A Mariña e que estende ao de Pontevedra.

Por iso, con motivo de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior informou da situación aos concellos das provincias afectadas, deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil, así como aos clubs náuticos, entre outros.

A Xunta lembra a importancia de manterse afastado da liña de costa, como diques, rompientes e paseos marítimos.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE