Sindicatos

Os sindicatos e Inditex lembran o compromiso da empresa coas condicións laborais

Hai dez anos o giganta téxtil subscribiu un acordo internacional que afecta a un millón e medio de persoas.

Marcha multitudinaria en Compostela por unhas pensións "dignas"

Preto dun milleiro de persoas secundaron a manifestación convocada por UGT e CCOO.

Os sindicatos de policías critican os obstáculos para coordinarse cos Mossos

Este xoves visitan os axentes aloxados no porto para coñecer as súas "inquietudes" ao redor da seguridade.

Os sindicatos auguran un curso "complicado" pola parálise do pacto educativo

"Seguramente haberá unha resposta importante por parte das familias e do profesorado", advirten desde a CIG.

Aprazada a folga nos aeroportos para chegar a un acordo

Fomento pedía máis tempo para negociar e os sindicatos aceptan. Dentro dunha semana reuniranse en busca de avances.

Un terzo dos contratos que se asinan en Galicia non chega a unha semana

Os sindicatos alertan de que a "precariedade" laboral se demostra cunha caída dos salarios do 5% entre 2009 e 2016.

UXT queda soa na súa convocatoria de folga nos aeroportos galegos

Tamén a CIG, coma CCOO e USO, desmárcase dunha decisión que censura por "non contar coas demais forzas sindicais".

Condenada unha empresa que quixo coar no comité a un sindicato afín

O TSXG obrígalle a readmitir a un traballador que despediu por frear as súas manobras. A CIG critica que non é un caso illado.

Os sindicatos prevén un outono quente na sanidade pública galega

Cunha folga convocada para novembro, haberá "conflitividade" en centros sanitarios a partir de setembro.

Traballadores e empresas de buses chegan a un acordo que "vale ás dúas partes"

A folga do sector queda desconvocada de forma definitiva se os traballadores ratifican o resultado das negociacións.

"Temporalidade" e "precariedade", dúas constantes nos novos contratos

"Se se fai a conta vese que por cada persoa desempregada menos corresponderían, nun só mes, 13 contratos", alerta a CIG.

A Xunta non aclara cantos profesores leva por diante o peche de centros

Os sindicatos calculan que son polo menos 31 postos de traballo. Educación defende que "ningún docente terá que cambiar de localidade".

Suspendida a folga de autobuses ao alcanzar un principio de acordo salarial

As asembleas de traballadores votarán cada semana se manteñen este levantamento dos paros ata o 2 de agosto.

Os traballadores dos autobuses manteñen os plans de folga indefinida

As patronais de Lugo e Ourense, as máis afectadas na primeira fase do plan, non dan mostras de achegamento.

A Xunta desconvoca a reunión co sector do transporte e presume de dialogar

Os sindicatos consideran unha "falta de respecto" o plante con 20 minutos de antelación, mentres Rueda di que negociarán "ata a extenuación".

A patronal aceptará que os soldos máis baixos suban por encima do 2,5%

O presidente da CEOE mostra a súa disposición para ceder neste caso. O novo líder de CCOO di que a subida ten que achegarse "o máis posible" ao 3%.

Galicia quedará sen autobuses a partir da semana que vén

Os traballadores respaldaron a proposta dos sindicatos de estender a folga a todos os días da semana desde o próximo xoves 13.

O conflito do transporte por estrada afronta este luns unha xornada clave

Haberá reunións bilaterais entre Xunta, patronal e sindicatos | As citas prodúcense despois do encontro a tres bandas e dos avances na proposta de subrogación das centrais

Sindicatos do metal ven "lonxe" o acordo coa patronal e manteñen a folga

As negociacións cos empresarios retomáronse o xoves e está prevista unha nova reunión, a poder ser este luns

Unai Sordo, elixido novo secretario xeral de CCOO por un 88,8% de votos

Substitúe a Toxo e aos seus 44 anos convértese no segundo secretario xeral máis novo da historia do sindicato desde Antonio Gutiérrez.


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE