Condenada unha empresa que quixo coar no comité a un sindicato afín

O TSXG obrígalle a readmitir a un traballador que despediu por frear as súas manobras. A CIG critica que non é un caso illado.


|

Obreroeleccionessindicales


Cofares Noroeste e do Cantábrico, --empresa dedicada á distribución e venda de produtos vinculados co ámbito farmacéutico e sanitario-- foi condenada a readmitir a un traballador "por vulneración dos seus dereitos fundamentais", segundo informa a CIG.


Nun comunicado, a central sindical sostén que o despedimento se produciu "en represalia por tomar unha decisión como vogal da mesa electoral que, nas últimas eleccións, de setembro de 2016, non admitiu a candidatura do sindicato Fetico, que apoiaba a dirección". En concreto, explica que a decisión se adoptou porque esta candidatura se presentou fóra de prazo.


Agora, a Sala do social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) dálle a razón ao traballador no recurso que interpuxo e revoga a sentenza dun xulgado de Primeira Instancia "que tan só considerou o despedimento como improcedente", engade a central sindical.


Desde CIG-Servizos sinalan que este caso "ilustra o proceder de determinadas empresas que entenden que os órganos de representación teñen que ser apéndices dos departamentos de recursos humanos e medios de control do persoal e non unha ferramenta dos traballadores e traballadoras para a defensa dos seus dereitos".

relacionada Traballos precarios e mal pagos, o panorama laboral dos mozos galegos
relacionada Os delegados de UGT e CCOO en Ferroatlántica rompen cos seus sindicatos polo acordo de venda

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE