Un terzo dos contratos que se asinan en Galicia non chega a unha semana

|

TrabajosoldadorCada fogar cobra 1.000 euros menos ao ano que en 2009.

O sindicato UGT denunciou a "preocupante" situación do mercado laboral de Galicia, nun informe que apunta cara ao aumento da precariedade, como se reflicte en datos que indican que o 34'7% dos contratos temporais en 2016 foi de menos de sete días, sete puntos por encima da media do Estado e un cinco por cento máis que en 2012.


No seu informe, UGT-Galicia afirma que "o crecemento económico non basta para reducir a precariedade" e "urxe un cambio de políticas económicas e de emprego", ante a "persistencia" do desemprego máis estrutural, a perda de poder adquisitivo e o empeoramento da situación laboral das mulleres.


Aínda que UGT admite o "obvio" crecemento da economía galega, a un ritmo do 3'1%, matiza que o emprego "non está a crecer coa mesma intensidade que a economía", cunha taxa de temporalidade en Galicia que se sitúa no 27'2%. Aínda que entre os segundos trimestres de 2015 e 2017 os contratos indefinidos en España aumentaron nun 3'9%, en Galicia rexistrouse unha subida do 0'6%.


Ademais, preto do 62% dos traballadores a tempo parcial preferirían un contrato a tempo completo. En 2009 a porcentaxe era do 43%, recolle o informe.


RENDA MEDIA DA MAIORÍA SOCIAL


Nesta liña, UGT fala de empobrecmento da maioría social, cunha renda media dos fogares de 1.049 euros inferior á que tiñan en 2009, un 3'9%, cunha poboación de risco de pobreza no 25'4%.


Nesta análise, o peor panorama debúxao a situación laboral das mulleres, coa poboación activa feminina contraéndose, xa que soportan maiores taxas de temporalidade, alcanzando o 28'6% fronte ao 25'9% dos homes. As mulleres ocupan o 76'13% dos empregos a tempo parcial, o 60'1% de forma involuntaria, 20 puntos máis que en 2009.


Ante o panoramal laboral que apunta UGT, o sindicato en Galicia afirma que "urxe reverter esta situación" coa derrogación das "negativas reformas laborais" para "construír un modelo de relacións laborais "máis eficiente e con máis dereitos".


"PÉSIMA" CALIDADE DO EMPREGO


Na mesma liña, CCOO alerta da "pésima" calidade do emprego que se crea na actualidade en España, xa que o 57% dos contratos temporais ten unha duración inferior a tres meses e en xullo o 92,1% dos contratos asinados foi de carácter temporal.


Nunha nota, o sindicato sinala que o dato "fala por si só da mala calidade do emprego que se crea, unha mala calidade que pasa a pésima se se toma en consideración que a maioría dos contratos temporais son de moi curta duración". En concreto, o 26% é dunha semana ou menos; o 14%, dunha semana a un mes, e o 17%, entre un mes e tres meses. Mentres, o 8% ten unha duración superior a tres meses e o 35% ten unha duración indeterminada.


Así mesmo, o sindicato sinala que este tipo de contratación precaria ten como agravante a desprotección que leva, xa que "moitas persoas non están cubertas polo desemprego nin por subsidios".

relacionada "Temporalidade" e "precariedade", dúas constantes nos novos contratos
relacionada Báñez recoñece que os salarios están a quedar fóra da recuperación
relacionada O salario galego en 2014, dúas décimas inferior ao de 2010

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress