O salario galego en 2014, dúas décimas inferior ao de 2010

Por sexos, o salario dos homes foi un 26,5% maior que o das mulleres, mentres que no ano 2010 estaba un 27,9% por enriba.


|

Cocineroscocinaempleo


O salario bruto anual en 2014 en Galicia situouse en 20.196 euros por traballador, dato un 0,2% inferior ao do ano 2010, cando estaba en 20.242 euros, segundo o estudo que publica este venres o Instituto Galego de Estatística (IGE).


Ao existir pagos con período de vencemento superior ao mes, para comparar niveis salariais emprégase o salario anual, segundo explica Estatística.


Por sexos, en 2014, o salario dos homes foi un 26,5% maior que o das mulleres, mentres que no ano 2010 estaba un 27,9% por encima.


O salario común é a partida que máis contribúe ao salario bruto, do que representaba no ano 2014 o 88,1%, mentres que os pagos extraordinarios e a valoración en especie só representaron ese ano o 11,7% e o 0,20%, respectivamente.


No caso dos homes, o salario común supuxo o 87,6% do salario bruto mentres que no das mulleres esta porcentaxe alcanzou o 88,8%.


OS MÁIS ALTOS, NA CORUÑA


En 2014, os salarios máis altos en Galicia rexistráronse na provincia de A Coruña, onde o salario bruto anual alcanzou o valor de 20.959,4 euros.


A provincia de Ourense, con 18.791 euros de salario bruto anual, é a que presentou salarios máis baixos, un 10,3% menos que na provincia da Coruña.


Con respecto a España, no ano 2014, en Galicia o salario bruto anual foi un 11,6% menor e ningunha provincia alcanzou os 22.858,2 euros, que corresponde ao salario bruto anual español.


SALARIO MENSUAL MEDIO DE 1.552,5 EUROS


Para analizar a composición do salario segundo os conceptos retributivos pártese do salario mensual medio que, en cifras brutas, alcanzou no ano 2014 en Galicia o valor de 1.552,5 euros (1.709,6 no caso dos homes e 1.389,2 no das mulleres).


O salario mensual bruto está composto por o salario basee, os complementos salariais, as pagas extraordinarias e as pagas por horas extraordinarias. O salario base é o compoñente principal do salario bruto mensual, do que representa o 71,3% en 2014, seguido dos complementos salariais, que supoñen un 27,2% do salario bruto.


O salario neto obtense a partir do salario mensual bruto despois de deducir as cotizacións á Seguridade Social a cargo do traballador e as retencións do imposto sobre a renda das persoas físicas (IRPF).


No ano 2014, este alcanzou en Galicia o valor de 1.227,4 euros mensuais, 1.334,2 euros no caso dos homes e 1.116,4 no das mulleres. En media, as cotizacións á Seguridade Social e as retencións do IRPF representan no ano 2014 o 20,9% do salario bruto mensual dos galegos.


En 2014, tanto o salario bruto mensual como o salario neto mensual en Galicia son ao redor dun 10% menores aos de España (10,6% no caso do salario bruto e 9,5% no caso do salario neto).


Se se fai a análise por provincias, a provincia con menor salario base é Ourense, con 991,1 euros ao mes, que representa un 12,8% menos que o salario base mensual na provincia da Coruña.


Esta provincia tamén lidera a clasificación provincial no tocante ao salario bruto como ao neto, con 1.616,1 euros de salario bruto en 2014 (un 4,1% superior á media galega) e 1.276,5 euros de salario neto (un 4% superior ao galego). Os salarios bruto e neto das restantes provincias sitúanse por baixo da media de Galicia.

relacionada O salario galego sitúase no posto 12 do ranking por autonomías

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE