"Temporalidade" e "precariedade", dúas constantes nos novos contratos

"Se se fai a conta vese que por cada persoa desempregada menos corresponderían, nun só mes, 13 contratos", alerta a CIG.


|

Cocinacocinerostrabajadores


Os sindicatos de clase lamentaron que haxa "máis temporalidade e precariedade que nunca" en Galicia debido á estacionalidade que marca o período de verán.


Tras a publicación dos datos do paro este mércores, UGT sinala que a taxa de cobertura por desemprego é de "tan só" o 50,4% e deixa "fóra do sistema" a 102.302 persoas.


Advirte de que a baixada do desemprego se debe a "factores estacionais, especialmente por contratacións vinculadas ao turismo e á tempada de vacacións".


Ademais, denuncia que esta diminución se basea en contratos "temporais cada vez máis precarios". "Precariedade que está a consolidar a pobreza laboral e precariedade que chega tamén ao desemprego, xa que as prestacións apenas cobren a metade das persoas que están no paro", avisa.


"ESCANDALOSO"


En canto á CIG, constata que o verán "multiplica a temporalidade" no mercado de traballo, tamén no galego. O seu secretario de emprego, Francisco Xabier Cartelle, alerta de que chega a un punto "tan preocupante" que "se se fai a conta vese que por cada persoa desempregada menos corresponderían, nun só mes, 13 contratos".


Unha cifra a xuízo da central nacionalista "autenticamente escandalosa", polo que carga unha vez máis contra a reforma laboral do Partido Popular.


Neste sentido, mostra preocupación por "este modelo de mercado laboral cada vez máis poralizado, cun número cada vez maior de traballadores que non teñen condicións dignas, con traballos precarios, de moi escasa duración e que nin lles dan dereito a acceder a unha prestación".


CONTRA O TEITO DE GASTO


Pola súa banda, CC.OO. tacha de "insuficiente" e "precario" o emprego creado no último mes. A súa secretaria de emprego, Maica Bouza, censura que o crecemento da economía "non se traduce en creación de postos de traballo" e, respecto diso, critica o "restritivo" teito de gasto aprobado este martes no Parlamento cos únicos votos do PP.


"Intensa precariedade" e "estacionalidade" son outros dos cualificativos utilizados por Bouza, quen avisa da "escasa" duración dos contratos rexistrados.


Por isto, a organización demanda a recuperación do poder adquisitivo dos salarios, "para impulsar a demanda interna e consolidar o crecemento económico".

relacionada Galicia encabeza a baixada do paro con 7.794 parados menos en xullo

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE