Galicia encabeza a baixada do paro con 7.794 parados menos en xullo
É máis da cuarta parte de todo o que baixou en España o mes pasado. A afiliación á Seguridade Social aumentou en case 17.000 persoas.
Galicia lidera a caída do paro.
O paro rexistrado no mes de xullo baixou en 12 comunidades autónomas, encabezadas por Galicia, con 7.794 parados menos, segundo informou este martes o Ministerio de Emprego e Seguridade Social.
segundo os datos da Enquisa de Poboación Activa a nosa comunidade situábase nos 201.500 desempregados, nun 16,11%, ao final de xuño.
A nivel estatal, o número de parados rexistrados nas oficinas dos servizos públicos de emprego (antigo Inem) baixou en xullo en 26.887 desempregados respecto ao mes anterior. Así, o volume total de parados alcanzou a finais do mes pasado a cifra de 3.335.924 desempregados, o seu nivel máis baixo do últimos oito anos, aínda que a EPA eleva a cifra a 3.914.300 persoas no segundo trimestre.
A Galicia, séguenlle Andalucía, con 4.245 parados menos que no mes anterior, e Cataluña, cunha baixada de 4.075 no número de desempregados.
DATOS DA SEGURIDADE SOCIAL
O número de afiliados á Seguridade Social aumentou en xullo en 16.721 persoas en Galicia, segundo informou este martes o Ministerio de Emprego e Seguridade Social. En total, a cifra de persoas dadas de alta creceu en 10 comunidades autónomas.
Os cinco maiores incrementos en termos absolutos corresponden a Cataluña (23.953), Galicia (16.721),Valencia (12.849), Baleares (12.215) e Castela e León (8.493).
Pola contra, os maiores descensos encabézanos a Comunidad de Madrid (-13.576) e Andalucía (-10.939). A nivel estatal, a Seguridade Social gañou en xullo unha media de 56.222 afiliados (+0,31%).
Escribe o teu comentario