O paro baixa dos catro millóns por primeira vez desde 2008

No segundo trimestre do ano máis de 340.000 españois atoparon un traballo. En Galicia a cifra segue sen baixar dos 200.000 desempregados.


|

ObrerosobraNo segundo trimestre creáronse 375.000 empregos.


O paro baixou en 340.700 persoas no segundo trimestre do ano respecto ao trimestre anterior, un 8% menos, rexistrando o seu maior descenso trimestral da serie histórica, iniciada en 1964, segundo datos da Enquisa de Poboación Activa publicados este xoves polo Instituto Nacional de Estatística.


Tras este recorte do desemprego, o número total de parados alcanzou a cifra de 3.914.300 persoas, co que se baixa da cota dos 4 millóns de desempregados por primeira vez desde o cuarto trimestre de 2008.


Así, a taxa de paro baixou 1,5 puntos no segundo trimestre, ata situarse no 17,22%, o seu nivel máis baixo desde finais de 2008. No último ano, o paro reduciuse un 14,4%, con 660.400 desempregados menos.


CIFRAS EN GALICIA


O paro baixou en Galicia en 15.700 persoas no segundo trimestre do ano respecto ao anterior, un 7,22% menos, por baixo da media de España (-8,01%), e sitúase nos 201.500 desempregados, nun 16,11%, segundo os datos da Enquisa de Poboación Activa (EPA) que publica este xoves o Instituto Nacional de Estatística (INE).


Respecto ao mesmo trimestre de 2016, o desemprego baixa en Galicia en 21.500 persoas, o que supón un descenso dun 9,63%, tamén por baixo da media estatal, que se sitúa no 14,44%


Pola súa banda, o número de ocupados en Galicia no segundo trimestre incrementouse en 15.300 persoas respecto dos tres primeiros meses do ano, un 1,48% máis.


CREACIÓN DE EMPREGO


En todo o Estado, no segundo trimestre deste ano creáronse 375.000 empregos (+2%), por encima dos 271.400 postos de traballo creados no segundo trimestre de 2016, pero por baixo dos segundos trimestres de 2014 e 2015, cando se xeraron máis de 400.000 empregos. A peche de xuño, a taxa de emprego situouse no 48,7%, case 1,2 puntos máis que un ano antes.


Nos últimos doce meses, a ocupación aumentou en 512.300 persoas, a un ritmo do 2,8%, medio punto máis que no trimestre anterior. O número total de ocupados situouse ao finalizar xuño en 18.813.300, o seu nivel máis alto desde o terceiro trimestre de 2010.


PARO XUVENIL


O número de mozos en paro menores de 25 anos baixou en 8.000 persoas no segundo trimestre do ano, un 1,3% respecto ao trimestre anterior, situándose a cifra total de mozos en situación de desemprego en 583.800 ao finalizar xuño.


Pese ao descenso do desemprego no colectivo, a taxa de paro xuvenil subiu ata o 47,6% a peche do segundo trimestre, taxa 6 puntos superior á do trimestre anterior (41,6%) e case 1,2 puntos por encima da de hai un ano (46,48%).


PARO DE LONGA DURACIÓN


Dos 3,9 millóns de parados contabilizados en España ao finalizar xuño, o 14,9% son mozos menores de 25 anos e o 44,1% son parados de longa duración (máis dun ano no desemprego).


O número de parados de longa duración reduciuse en 142.900 persoas no segundo trimestre, un 7,6% respecto ao trimestre anterior, ata situarse en 1.728.000 persoas. No último ano, os parados de longa duración descenderon en 426.100 persoas (-19,8%).

relacionada A anunciada recuperación do emprego non chega aos parados maiores de 50 anos
relacionada O paro baixa en case 10.000 persoas en xuño en Galicia

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE