A anunciada recuperación do emprego non chega aos parados maiores de 50 anos

Catro de cada dez leva buscando emprego como mínimo catro anos e moitos deles teñen cargas familiares.


|

DesempleoparadosoficinaOs maiores de 50 son un colectivo de "especial vulnerabilidade".


Case catro de cada dez desempregados españois maiores de 50 anos, en concreto o 39,2%, leva buscando emprego catro anos ou máis, en contraste co 10,6% dos mozos que se atopan nesta mesma situación, segundo un estudo da Fundación BBVA e o Instituto Valenciano de Investigacións Económicas (Ivie), no que cualifican este dato de "preocupante".


Dentro do grupo de parados de 50 e máis anos, seis de cada dez (o 59%) leva dous ou máis anos buscando un posto de traballo, polo que se consideran parados de moi longa duración, e o 71,2% son parados de longa duración (un ano ou máis buscando emprego). Entre os mozos en desemprego, o 42,8% son parados de longa duración.


A Fundación BBVA e o Ivie advirten de que o colectivo de 50 e máis anos presenta unha "especial vulnerabilidade" en termos de desemprego e de risco de pobreza. Ademais, o feito de que aumente o paro neste grupo, que representa o 25% do total dos desempregados, conduce a un incremento "moi substancial" dos niveis de desigualdade.


"A mellora económica e, en particular o crecemento do emprego, está a deixar de lado a un colectivo moi importante da poboación, cunha situación laboral moi difícil de reverter. As políticas públicas de inserción laboral deben considerar de forma ampla a situación do grupo poboacional con máis dificultades para saír da situación de desemprego e que na súa maior parte posúe cargas familiares", subliña o informe.


As dificultades de inserción laboral do colectivo de desempregados de 50 ou máis anos débese a varios motivos, entre eles a idade e o nivel de cualificación. Así, dous de cada tres parados maiores de 50 anos posúe como máximo o nivel de estudos obrigatorios (48% no caso dos mozos) e tan só o 8,9% ten estudos universitarios, porcentaxe que aumenta ata o 15% entre os mozos.


No informe alértase de que caer no desemprego e non conseguir traballar antes dun ano pode conducir a que esta situación se perpetúe. A taxa de paro de quen leva buscando emprego menos dun ano reduciuse 3,4 puntos desde 2012, pero a daqueles que levan buscando emprego catro ou máis anos apenas viron reducir a súa taxa de desemprego a partir de 2015 trras acumular un incremento da mesma de 4,3 puntos desde 2007.

relacionada Un de cada catro parados galegos vive nunha situación de desemprego crónica
relacionada Os parados de longa duración, os máis desprotexidos polo sistema público de pensións
relacionada Case 30.000 desempregados maiores de 55 en Galicia non conseguen atopar traballo

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE