O paro baixa en case 10.000 persoas en xuño en Galicia

Con respecto ao mes de maio, o descenso é dun 5%, case o dobre que a media española. Pontevedra é a provincia que mellor se portou.


|

Oficinaempleo



O número de parados rexistrados nas oficinas dos servizos públicos de emprego (antigo Inem) baixou en xuño en Galicia en 9.973 persoas con respecto ao mes anterior, o que supón un descenso do 5%, case o dobre que o rexistrado pola media (-2,8%).


Segundo os datos que publica este martes o Ministerio de Emprego e Seguridade Social, na comunidade galega hai 17.655 desempregados menos que hai 12 meses, o que representa unha diminución do 8,52%.


DATOS ESPAÑA


No conxunto estatal, o retroceso foi de 98.317 desempregados respecto ao mes anterior (-2,8%), o seu quinto mellor rexistro dentro da serie histórica. O volume total de parados alcanzou a finais de xuño a cifra de 3.362.811 desempregados, o seu nivel máis baixo desde xaneiro de 2009.


Dentro da serie histórica comparable, que arrinca en 1996, a evolución do paro nos meses de xuño foi maioritariamente descendente, con recortes en 21 meses e só un aumento, o de xuño de 2008, cando o desemprego subiu en 36.849 persoas.


RÉCORD DE CONTRATOS


O número de contratos rexistrados durante o mes de xuño foi de 2.089.520, a cifra máis alta da serie histórica en calquera mes e un 8,8% superior á do mesmo mes de 2016.


En xuño de 2017 rexistráronse 166.462 contratos de carácter indefinido, o 7,97% do total, cun incremento do 12,2% sobre igual mes do exercicio anterior.


SEGURIDADE SOCIAL


A Seguridade Social gañou en xuño en Galicia unha media de 8.573 afiliados, o que supón un incremento do 0,88% respecto ao mes anterior, por encima do aumento do conxunto estatal, que foi do 0,48%, segundo os datos que publica este martes o Ministerio de Emprego.


Así as cousas, os cotizantes na comunidade galega alcanzaron os 979.877, un 2,29% máis (e 21.949 persoas máis, de media) dos que había fai un ano.


Por provincias, a subida mensual foi liderada por Pontevedra, cun 1,33% máis de afiliacións, ata 339.551. No resto, os repuntes foron inferiores ao 1%: do 0,87% en Lugo, ata 120.061; do 0,65% en Ourense, ata 100.800 e do 0,58% na Coruña, ata 419.466.


CONXUNTO ESTATAL


No conxunto estatal, a Seguridade Social gañou en xuño unha media de 87.692 afiliados (+0,5%), o seu segundo mellor dato neste mes desde 2006, só superado pola ganancia de cotizantes de xuño do ano pasado (+98.432 ocupados).


Deste xeito, ao finalizar o mes pasado, o total de ocupados situouse en 18.433.107 cotizantes, ata niveis de 2008.


No último ano, a Seguridade Social acumula un repunte de 672.835 afiliados, case un 3,8% máis, as mellores cifras tanto en termos absolutos como relativos rexistradas desde 2006, ano no que se produciu a regularización de estranxeiros, segundo destacou o ministerio.

relacionada Case 30.000 desempregados maiores de 55 en Galicia non conseguen atopar traballo
relacionada Case 5.000 galegos atoparon un emprego no mes de maio
relacionada O mercado laboral galego non conta cos menores de 29 anos

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE