Esta xornada Galicia logrou rebaixar en apenas doce casos o número de casos activos na comunidade, un descenso moi lento e que evidencia que nos atopamos nunha planicie nese sentido.Cunha baixada tan pouco significativa, algúns inidcadores han repuntado, como o da incidencia acumulada a 14 días. O repunte neste sentido é menor ao 1%, só 0,89% máis con respecto a onte.
Un brote no Álvaro Cunqueiro, outro nunha residencia de Silleda con 31 positivos, 23 casos nun colexio privado de Ferrol... Onte foron moitos os brotes detectados en Galicia, que torpedearon a melloría da comunidade.
A análise xeográfica dos últimos datos do SERGAS, atendendo á incidencia acumulada semanal indica que Galicia segue perdendo casos activos pero a tendencia é cada vez máis débil. As cidades comezan a rebotar no mapa a sete días.
A evolución dos positivos en todos os concellos de Galicia pode consultarse no buscador ao final da noticia.
Hai que remontarse ao 1 de setembro para atopar en Galicia menos casos activos que os que ten esta xornada. Con 3.992 pacientes de Covid-19, a evolución na comunidade permite pensar en que contará pronto cunhas cifras moi similares ás de agosto, pero o retroceso da pandemia, cada vez máis lento e a aparición de novas cepas que practicamente son descoñecidas para a ciencia, xeran certa incerteza. Ao contrario do que viña rexistrando no últimas tres xornadas, na que se incrementou o número de novos positivos, Galicia ve caer hoxe a súa cifra de contagios, aínda que tamén o fai a de PCR realizadas.
A análise xeográfica dos últimos datos do SERGAS, atendendo á incidencia acumulada semanal indica que Galicia mantén de forma sostida a súa desescalada da terceira onda. Todas as áreas volven perder casos activos e as cidades seguen dando pequenos saltos.
A análise xeográfica dos últimos datos do SERGAS indica que Galicia mantén de forma sostida a súa desescalada da terceira onda. A gran noticia desta xornada lánzaa o conxunto das áreas sanitarias, xa que ningunha sumou máis de 27 contagios en 24 horas.