O SERGAS empeza a vacinar o xoves ao tramo de idade de entre 50 e 55 coas doses de AstraZeneca

Galicia iniciase na tarde deste xoves a vacinación de persoas entre 50 e 55 anos cunha proba piloto de administración masiva que terá lugar na Cidade da Cultura e á que están citadas 1.000 persoas da área sanitaria de Santiago. O proceso seguirá o sábado con outras 20.000 persoas de todas as áreas.

|

Cataluña está a meter presión ao Estado para que estas dósis tamén se poidan poñer aos maiores de 55


Galicia empeza as vacinacións masivas o sábado coas dósis de Astrazeneca, tras unha proba piloto mañá no Monte Gaiás de Compostela


Arquivo - Cidade da Cultura de Galicia.


O amplo aparcamento da Cidade da Cultura acollerá a primeira vacinación masiva de Galicia


Galicia iniciase na tarde deste xoves a vacinación de persoas entre 50 e 55 anos cunha proba piloto de administración masiva que terá lugar na Cidade da Cultura e á que están citadas 1.000 persoas da área sanitaria de Santiago. O proceso seguirá o sábado con outras 20.000 persoas de todas as áreas.

Así o anunciou este mércores o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, durante unha rolda de prensa para dar conta dos asuntos tratados no comité clínico.

PROBA NA CIDADE DA CULTURA
En concreto, o inicio da campaña entre os galegos de 50 a 55 anos, para dar saída ás vacinas de AstraZeneca, arrincará na tarde deste xoves, cando a Cidade da Cultura acollerá un dispositivo piloto de vacinación masiva para testar tanto o sistema de citas como o proceso. Para iso, están citadas 1.000 persoas da área.

Cos resultados deste piloto e os axustes necesarios, o sábado continuará a vacinación deste colectivo con 20.000 persoas citadas en todas as áreas sanitarias. 


As doses administraranse nos hospitais comarcais naquelas áreas con menos poboación e en dispositivos especiais masivos no resto.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE