Mapa restricións Semana Santa: tres novos municipios soben a nivel alto e outros tres soben a nivel medio

Soben a 10 os municipios con restricións altas e baixan de 19 a 18 os que contarán con nivel medio

|

Municipios moi turísticos como Sanxenxo ou Baiona estrearán a Semana Santa no mesmo nivel que teñen agora, sen perímetro pero con bares e restaurantes pechados, salvo a metade do aforo en terrazas. 


Hai que recordar que o mapa de restricións desta información non é o mesmo que o mapa de incidencia acumulada por municipios aínda que, loxicamente, están relacionados. Por exemplo, Beade é o único municipio no peor dos niveis posibles no mapa de incidencia acumulada e tamén é o único perimetrado desde o luns, pois é o único que seguirá en nivel máximo de restricións:




A Xunta de Galicia acordou, tras a reunión do subcomité clínico deste venres, manter en nivel máximo de restricións ao municipio de Beade (Ourense), que será o único nesa situación desde o luns 29 de marzo, tras pasar Maside ao nivel alto.



PERÍMETRO SÓ EN BEADE
Iso supón que en Beade o luns seguirá vixente o peche perimetral do municipio, a hostalería só aberta para servizo a domicilio e recollida e as reunións de non conviventes prohibidas.

Deste xeito, segundo informou a Consellería de Sanidade, tras escoitar as recomendacións do subcomité clínico de expertos que avalía a situación da Covid-19 en Galicia este venres Maside pasa do nivel máximo ao alto xunto a outros nove municipios, entre os que se manteñen os pontevedreses de Sanxenxo e Baiona.

TRES MUNICIPIOS MÁIS EN NIVEL ALTO
No nivel alto de restriccioneMs entran, ademais, os concellos de Cortegada, Pazos de Borbén e Padrenda, mentres que se manteñen no mesmo, ademais dos turísticos Sanxenxo e Baiona, os de Vilardevós, Abegondo, Ortigueira e O Saviñao.


A pesar de chamarlle nivel alto, estas restricións non implican perímetro nin tampouco límites ás reunións das persoas, máis aló dos vixentes en todos os municipios. Iso si, os horarios e aforos de bares e restaurantes son bastante limitados.

En concreto en nivel alto de restricións a hostalería permanecerá aberta ata as 21,00 horas, con só apertura de terrazas cun aforo do 50 por cento. As reunións poderán ser de seis persoas non conviventes en exteriores, de ata catro en interiores de hostalería (ou espazos d carácter público) e estarán prohibidas nos domicilios ou calquera espazo de carácter privado.

NIVEL MEDIO
Pola súa banda, no nivel medio seguirán desde o luns as localidades de Arteixo, Bergondo, Betanzos, Boimorto, Camariñas, Cangas, O Carballiño, A Coruña, Culleredo, A Laracha, Laxe, Pantón, Ribadavia, Sober e Xinzo, aos que súmanse Carral e Celanova e Neda --que baixa de alto a este--.

Por tanto, en nivel medio de restricións manteranse desde o vindeiro luns 18 municipios --uno menos que os 19 actuais tras a reunión do comité clínico desta semana-- despois de saír do mesmo Ponteceso, Valdoviño, Coles e Soutomaior.

Neste nivel medio a hostalería tamén pode permanecer aberta ata as 21,00 horas, cun 30% de aforo no interior e un 50% en terrazas. As reunións de non conviventes poderán ser de ata seis persoas en exteriores e de catro en interiores de hostalería ou espazos públicos. Tamén, como en toda Galicia, seguen prohibidos os encontros de non conviventes en domicilios.

MEDIO BAIXO EN TODOS Os DEMAIS
No resto dos concellos galegos estarán vixentes as restricións fixadas no nivel medio baixo. Deste xeito, a hostalería poderá funcionar cun aforo do 50 por cento interior e un 75% en terrazas. As reunións tamén poderán ser de ata seis non conviventes en exteriores e de catro en interiores de hostalería, pero seguen prohibidos os encontros en domicilios.

Sanidade resalta que todas estas medidas entrarán en vigor ás 00,00 horas do próximo luns, 29 de marzo, e a situación será revisada o martes nunha nova reunión do comité clínico.


GpTwa niveis de restricións municipais da xunta de galicia




Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE