O rebote de positivos na Coruña leva ao SERGAS para realizar o maior cribado da historia en Galicia

A Consellería de Sanidade fará esta semana un "cribado masivo" con 153.000 probas na cidade da Coruña para detectar posibles casos asintomáticos de covid-19, dado que se trata da urbe que máis "preocupa" nestes momentos.

|

A Coruña é a cidade con peores cifras e, ademais, a que primeiro está a sentir o fin da melloría da terceira onda


A incidencia acumulada a 14 días da Coruña está á alza hoxe despois de que a incidencia acumulada a 7 días rebotase tres xornadas seguidas


O nivel de covid-19 na cidade actualmente é similar ao que había na época de Reyes, cando empezou a explotar a terceira onda






A Consellería de Sanidade fará esta semana un "cribado masivo" con 153.000 probas na cidade da Coruña para detectar posibles casos asintomáticos de covid-19, dado que se trata da urbe que máis "preocupa" nestes momentos.


Así o explicou o conselleiro, Julio García Comesaña, durante a rolda de prensa para dar a coñecer os asuntos tratados no último comité clínico, no que se determinou que a cidade herculina ten unha incidencia a 14 días de 225 casos, a máis alta das sete urbes galegas. Tamén o conxunto da súa área sanitaria é a que presenta máis incidencia de casos por 100.000 habitantes a dúas semanas, 160. 


A incidencia acumulada a 14 días e a 7 días de todo o distrito sanitario da Coruña tamén están alza, segundo os datos do doutor Luís Vázquez:



Isto fai que as autoridades sanitarias galegas estean "especialmente atentos" tanto ao Concello da Coruña como aos municipios limítrofes, onde buscan incrementar a "capacidade diagnóstica" de casos ocultos.

Unha das medidas para iso é o acordo co Colexio de Farmacéuticos para estender á Coruña o sistema de cribado por saliva posto en marcha nas oficinas de farmacia da provincia de Pontevedra. 


García Comesaña explicou que o acordo se pechará entre hoxe e mañá. Paralelamente, levará a cabo un cribado masivo na cidade da Coruña, no que está previsto recoller 153.000 mostras.


IH9TH coronavirus no concello a coru a evoluci n recente nbsp nbsp



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE