O SERGAS confirma que lle fará test de coronavirus a todos os coruñeses de entre 18 e 60 anos

A área Sanitaria da Coruña e Cee prepara un cribado para unhas 153.000 persoas de entre 18 e 60 anos desde este venres, 12 de marzo, co fin de detectar posibles casos de Covid-19 entre asintomáticos.

|

A última actualización de datos do covid-19 trouxo boas noticias para a cidade, pois baixou notablemente a incidencia acumulada tanto a 14 como a 7 días


Con todo, A Coruña segue sendo a urbe galega en peor situación e é a única que está en risco alto segundo a escala do semáforo estatal de alertas para o indicador de positivos semanais.


 




A área Sanitaria da Coruña e Cee prepara un cribado para unhas 153.000 persoas de entre 18 e 60 anos desde este venres, 12 de marzo, co fin de detectar posibles casos de Covid-19 entre asintomáticos.


Segundo destacou esta área sanitaria, "continúa realizando unha intensa actividade de procura de casos positivos de Covid-19", polo que levará a cabo este cribado na chaira do Pavillón de Deportes de Riazor.

PROCEDEMENTO
En concreto, indicaron as mesmas fontes sanitarias, procederase ao cribado mediante test de saliva de "todos os veciños da cidade da Coruña con idades comprendidas entre os 18 e 60 anos", o que supón unhas 153.000 aproximadamente.

Todas as persoas incluídas nesa franxa de idade, serán citadas mediante mensaxe SMS nos seus teléfonos móbiles, resaltaron as mesmas fontes da área. É importante pois ter actualizado o número de contacto no noso centro de saúde.

A Consellería de Sanidade avanzou este mércores pasado, tras a reunión do comité clínico do martes, este cribado masivo con 153.000 probas na cidade da Coruña, dado que se trata da urbe que máis "preocupa" nestes momentos.

INCIDENCIA
Sanidade indicou onte que a cidade herculina ten unha incidencia a 14 días de 225 casos, a máis alta das sete urbes galegas.  Segun os cálculos de Galicaipress, hoxe baixou a 216.


Tamén o conxunto da súa área sanitaria é a que presenta máis incidencia de casos por 100.000 habitantes a dúas semanas, 160. 

Isto fai que as autoridades sanitarias galegas estean "especialmente atentos" tanto ao concello da Coruña como aos municipios limítrofes, onde buscan incrementar a "capacidade diagnóstica" de casos ocultos.




É



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE