A análise xeográfica dos últimos datos do SERGAS, atendendo á incidencia acumulada semanal indica que o conxunto da comunidade empeorou desde o inicio da Semana Santa, especialmente na costa.
Moi malos datos esta xornada en Galicia, que ve crecer o seu número de casos activos con 93 novos afectados á conta oficial, o que significa a maior subida na comunidade desde o pasado 1 de febreiro, e un cambio de tendencia na súa evolución.
Segundo recollen as imaxes recompiladas por Galiciapress de redes sociais, tamén houbo colas, aínda que non tanto barullo como en Santiago, polo menos en Vigo e a Coruña.
No caso do Grove o descenso do cómputo semanal (-8) é suficiente para rebaixar o seu nivel de alerta de risco máximo, en negro no mapa, a risco extremo, en vermello escuro no mapa.Non consegue o mesmo A Pobra, pois o seu -2 no cómputo semanal é insuficiente para baixar a incidencia de 250 positivos por 100.000 habitantes, polo que segue no peor dos niveis contemplados no semáforo estatal de alertas para este indicador.
A análise xeográfica dos últimos datos do SERGAS, atendendo á incidencia acumulada semanal indica que Galicia segue perdendo casos activos a un ritmo baixo pero constante.
A comunidade experimenta a maior caída de casos activos en tres semanas con 83 casos activos menos en 24 horas. Con todo, esta caída nos casos activos na comunidade esconde a maior caída de test PCR realizados desde o 18 de agoso cando se fixeron 1.678 test: onte foron 2222.
Galicia rexistra o maior descenso no número de casos activos en 24 horas desde o pasado 17 de marzo, o que supón a maior caída no que vai de semana.
A positividade, con todo, é maior na ferrolá: 2,1%, polo 1,4% que lanza a santiaguesa.Lugo e Ourense seguen sendo as áreas con mellores cifras, a pesar de que hoxe son as que ofrecen un menor descensop: dez casos menos na lucense; cinco menos na ourensá.
A plataforma 'Recoñecemento para o celador xa' convoca a todos os profesionais a manifestarse este xoves 25 de marzo ante o Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO).