Os pequenos brotes disparan o número de novos casos e fan crecer a positividade e a incidencia semanal

Un brote no Álvaro Cunqueiro, outro nunha residencia de Silleda con 31 positivos, 23 casos nun colexio privado de Ferrol... Onte foron moitos os brotes detectados en Galicia, que torpedearon a melloría da comunidade.


|

Un brote no Álvaro Cunqueiro, outro nunha residencia de Silleda con 31 positivos, 23 casos nun colexio privado de Ferrol... Onte foron moitos os brotes detectados en Galicia, que torpedearon a melloría da comunidade.


Galicia detectou preto de 200 novos positivos, a cifra máis alta neste sentido desde o 26 de febreiro. Con todo, mantén a desescalada e rebaixa o número de casos activos en 77 menos. 



É o menor descenso na comunidade desde o 2 de febreiro, momento no que comezou a desescalada de forma decidida. Débese en gran medida a que na última xornada detectáronse un bo número de contagios nas probas PCR, que seguen por encima das 6.500 diarias.  


Este aumento na detección do número de contagios, o maior en dúas semanas, tivo un efecto inmediato na incidencia acumulada semanal, que sobe ata 34 casos por cada 100.000 habitantes, o que afasta a Galicia do obxectivo de situarse no risco baixo, e na positividade, que é do 2% -moi baixa a pesar de todo,  pero 0,13 puntos peor que onte-.



De igual maneira, a media móbil semanal, aínda que segue marcando unha tendencia positiva, viu alterada a súa evolución ao pasar do -4,9% de onte ao -4,5% de hoxe, a maior variación no últimos cinco días. Con todo, non hai que esquecer que Galicia non deixou de perder casos activos de forma ininterrompida desde o 2 de febreiro e que ten nestes momentos 2.854 casos activos, cifras propias de mediados do mes de agosto. 



PRESIÓN HOSPITALARIA

Ademais, hai que destacar que esta xornada o mellor indicador é, de novo, o alivio rexistrado na presión hospitalaria. Con 353 altas médicas, a comunidade despexou unha ducia de camas nas áreas para pacientes de Covid-19. É a quinta xornada en descenso neste sentido e son menos de 250 os pacientes de coronavirus que permanecen hospitalizados en Galicia


Doutra banda, aínda que empeoraron algunhas cifras, a mortalidade non se disparou, o que ben pode indicar que o efecto das vacinacións xa comezou a notarse, especialmente nas residencias. Hoxe só hai que lamentar un novo deceso, o que eleva as cifras oficiais da Xunta de Galicia ata as 2.290 vítimas desde o inicio da pandemia. 



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE