Santiago de Compostela

Mulleres artistas de primeira fila toman o cartel das festas de Santiago

Rosalía, Mala Rodríguez, Mercedes Peón e Bette Smith serán algunhas das cabezas de cartel das Festas do Apóstolo 2018, presentado hoxe.

O Son do Camiño en imaxes

Máis de 30.000 persoas asistiron ao festival O Son do Camiño, unha cita única coa música en Galicia onde actuaron artistas da talla de The Killers, Jamiroquai, Lenny Kravitz ou Martin Garrix

Presentados os concertos das Festas do Apostol 2018, que serán todos gratuítos

A icona do novo flamenco Rosalía, a lenda da música latina Rubén Blades e o grupo de rock Wolfmothe entre os pratos fortes da programación entre 15 ao 31 de xullo. 

"Estamos fartas de ser asasinadas"

Desde o luns sucedéronse as convocatorias por todo o país, con ao redor de 25 concentracións en diferentes localidades en repulsa ao presunto asasinato de Magdalena Moreira Alonso

Un policía pide subornos a cambio de informes urbanísticos, segundo unha gravación

O Policía négao, pero por agora está apartado do seu traballo de control urbanístico. Contra el hai unha gravación dun veciño na que, supostamente, escóitaselle pedir un suborno, aínda que di que non é para el, se non para outros funcionarios.

Aberto o prazo para propostas dos orzamentos participativos 2019
A iniciativa contará con 1,5 millóns de euros para proxectos urbanos, zonas rurais e actividades para os mozos e as Festas do Apóstolo
A manifestación contra a minería desde dentro (vídeo)

Baixo o lema 'Mina non, non queremos unha herdanza envelenada', a multitudinaria protesta arrincou pasado o mediodía desde a Alameda para culminar dúas horas e media máis tarde na Praza do Obradoiro. 

Compostela, capital do baloncesto español tras o verán

Santiago será a sede da Supercopa 2018. No Multiusos do Sar competirán Real Madrid, Barcelona, Baskonia e Obradoiro.

Santiago acolle 19 espectáculos de teatro e danza de Galicia Escena Pro
A sexta edición do evento reedita o formato pitching e ten a 200 profesionais acreditados
"Goma 2 para dar a benvida aos peregrinos"

O Sindicato Labrego Galego (SLG) acaba de facer un chamamento á sociedade galega para que se mobilice contra o proxecto mineiro ante a ameaza que supón par una da principais fonte de riqueza cultural e económica: o turismo e o Camiño de Santiago. 

Ricky Martin actúa en Santiago de Compostela o 18 de agosto
Ricky Martin actuará o 18 de agosto no Monte do Gozo, en Santiago de Compostela, no marco dunha xira cunha decena de concertos por España este verán.
Camiñar ata Santiago para visibilizar a miastemia

A xerencia da área de Santiago de Compostela súmase á celebración do Día Internacional da Miastemia organizando dous actos relacionados con esta patoloxía.


Viaqua e a Cámara de Comercio de Santiago asinan un acordo de colaboración, cooperación e apoio mutuo

"As institucións son fortes na medida na que teñen o respaldo do sector empresarial", declarou o director xeral de Viaqua, Julio Masid. 

Grupo hostaleiro busca 50 empregados en Galicia

O Grupo Hotusa, un dos máis importantes do país, anuncia que está a buscar a "50 talentos en Galicia" para integrarse nas súas oficinas de Chantada e nos diferentes hoteis da cadea.


Noriega atopa unha vía para salvar os postos dos profesores da Escola de Música

Os profesores do centro municipal de música estaban en folga indefinida. A única empresa que se presentou ao concurso público non garantía a súa subrogación. Hai semanas que o alcalde prometera implicarse no conflito para garantir a continuidade dos mestres. Hoxe o concello desvelou a solución, que é provisional. 

Manolo García presenta o seu último disco no Palacio de Congresos de Santiago

O cantante barcelonés Manolo García actuará o vindeiro sábado, día 26 de maio, no Palacio de Congresos de Santiago, escenario no que recalará coa xira de presentación do seu último disco 'La geometría del rayo'.

Desaloxo dunha familia que residía nunha vivenda social da Xunta
Este venres foi executado o desaloxo dunha familia de Santiago que residía nunha vivenda social da Xunta, actuación que foi criticada polo Concello de Santiago, que censura que a Administración autonómica non ofrecese unha alternativa residencial aos afectados antes de proceder ao seu desafiuzamento.
A Praza do Obradoiro, capital mundial do enduro

Todo un luxo para os aficcionados ao motor. Unha proba do Campionato do Mundo de Enduro terá lugar en Santiago Compostela este fin de semana. En concreto, os días 27, 29 e 29 de abril a capital acollerá a segunda proba da competición mundial.

A Academia Galega de Teatro preséntase a finais de mes en Santiago de Compostela

O vindeiro martes 27 de marzo, coincidindo con o Día Internacional do Teatro, terá lugar a presentación pública da Academia Galega de Teatro no salón de actos do Consello da Cultura Galega, en Santiago de Compostela, ás 12.00 horas.

Santiago imprégnase de poesía galega con 'Alguén que RESPIRA!'

O festival terá lugar no Teatro Principal desde este mércores 21 de marzo, Día Mundial da Poesía, ata o vindeiro sábado 24 de marzo


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE