Compostela, capital do baloncesto español tras o verán

Santiago será a sede da Supercopa 2018. No Multiusos do Sar competirán Real Madrid, Barcelona, Baskonia e Obradoiro.


|

Santiago será a sede da Supercopa 2018. No Multiusos do Sar competirán Real Madrid, Barcelona, Baskonia e Obradoiro. 



Obradoiro baloncesto

Xogadores do obra nunha imaxe do twitter de Matthew W. Thomas


En concreto, a Supercopa de Santiago de Compostela 2018 disputarase entre o 21 e o 22 setembro. As datas non son definitivas aínda, porque están supeditadas á confirmación  durante a Asemblea Xeral de a ACB.


Competirán o Monbus Obradoiro, en condición de anfitrión; FC Barcelona Lassa, como campión da Copa do Rey  Gran Canaria 2018; Real Madrid, como campión da Euroliga 2017-18, e Kirolbet Baskonia, que está a disputar as semifinais da liga Endesa.


INVESTIMENTO PÚBLICO

A firma do acordo coa ACB será este próximo xoves 14 de xuño. Participarán entre outros, Martiño Noriega, alcalde da cidade; José Miguel Quella, director xeral da ACB e Valentín González Formoso, presidente da Deputación Provincial da Coruña.


Deputación e Concello achegan cada un 121.000 euros, segundo informa o municipio.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE