O Son do Camiño en imaxes

Máis de 30.000 persoas asistiron ao festival O Son do Camiño, unha cita única coa música en Galicia onde actuaron artistas da talla de The Killers, Jamiroquai, Lenny Kravitz ou Martin Garrix


|


Son do camiu00f1ou 6 evaneira


Son do camiu00f1ou 10 evaneira


Son do camiu00f1ou 2 evaneira


Son do camiu00f1ou 12 evaneira


Son do camiu00f1ou 7 evaneira


Son do camiu00f1ou 3 evaneira


Son do caamiu00f1ou 14 evaneira



Son do camiu00f1ou 5 evaneira


Son do camiu00f1ou 8 evaneira


Son do camiu00f1ou 13 evaneira


Son do camiu00f1ou 11 evaneira

Imaxes: Eva Neira Carballo


O Son do Camiño marcou un antes e un despois nos festivais de Galicia. Afeitas a espectáculos modestos con gran presenza de grupos locais, o Monte do Gozo anoiteceu este fin de semana con máis de 30.000 asistentes.


O cartel era potente, con artistas internacionais da talla de The Killers, Jamiroquai ou Lenny Kravitz, aínda que non foron os únicos que conseguiron abarrotar o recinto. Os concertos de Franz Ferdinad, Two Door Cinema Club, Residente ou Mando Diao resoaron no escenario rodeados de miles de persoas coa mesma forza con a que o fixeron nacionais como Carlos Sadness, Leon Benavente, ou A M.Ou.D.A. 


A pesar dos prexuízos que puidese supoñer o gran cartel e o evento en xeral -"un festival de modernas"-, o público de O Son Do Camiño era completamente heteroxéneo e bailaba coas mesmas ganas ao ritmo dos pratos do holandés Martin Garrix, coa guitarra de Kravitz ou coas rimas de Arce. 


Gusten máis ou menos as confirmacións, non hai lugar a dúbidas que o cartel deixa bastante que desexar en igualdade. A verdade é que entre os rostros femininos sobre o escenario contábanse cos dedos de as mans, e ningún dos nomes máis rechamantes era de muller. 


Así as cousas, o espazo acompañou ao formato do festival, podendo gozar da música sen apenas darche conta de que estabas nun mar de miles de persoas -se así o desexabas-. Onde si se notou a afluencia foi nas grandes colas para chegar e saír do recinto, cunha deficiente organización do transporte o xoves, mellorada o sábado e que deixou o domingo a miles de asistentes sen transporte para volver á cidade, con miles de persoas andando a última etapa do Camiño de Santiago ás 4 da madrugada, tras suspender o servizo de autobuses de volta.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE