Máis de 30.000 persoas asistiron ao festival O Son do Camiño, unha cita única coa música en Galicia onde actuaron artistas da talla de The Killers, Jamiroquai, Lenny Kravitz ou Martin Garrix
O festival O Son do Camiño sacou este mércores á venda as entradas por días e en poucas horas esgotáronse as do día 30 de xuño, sábado, o que encabeza Lenny Kravitz, xunto a artistas e grupos como Martin Garrix, Mando Diao ou León Benavente.