"Estamos fartas de ser asasinadas"

Desde o luns sucedéronse as convocatorias por todo o país, con ao redor de 25 concentracións en diferentes localidades en repulsa ao presunto asasinato de Magdalena Moreira Alonso


|

Feminismo feminista santiago xuu00f1ou2018

A Batukada Feminista puxo o ritmo a consígnalas | Imaxe: Eva Neira Carballo


O achado de dous corpos nun domicilio o pasado 18 de xuño na parroquia de Chenlo, no Porriño, decretou a Alarma Feminista, unha chamada de atención entre o movemento feminista para dar resposta na rúa a crimes machistas.


Desde o luns sucedéronse as convocatorias por todo o país, con ao redor de 25 concentracións en diferentes localidades en repulsa ao presunto asasinato de Magdalena Moreira Alonso. En Compostela, o punto de encontro foi a Praza 8 de Marzo, lugar simbólico para o feminismo na capital. Desde pouco antes das 20.00h as asistentes foron chegando á praza, onde se repetiron consignas como "O machismo é terrorismo" ou "Basta xa, nin unha máis. Non queremos nin unha menos". 


Feminismo feminista santiago xuu00f1ou2018


A concentración trasladouse ao paso de peóns de Porta do Camiño, onde pararon o tráfico ao ritmo da Batukada Feminista e gritando "Estamos fartas de ser asasinadas", chamando a atención de condutoras e viandantes. A marcha continuou sumando persoas de camiño á Praza de Cervantes, onde finalizou o acto entre aplausos tras a lectura dunha carta dunha persoa próxima a Magdalena Moreira. Entre as asistentes atopábanse a escritora e activista Luz Fandiño e a portavoz nacional do BNG Ana Pontón. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE