Grupo hostaleiro busca 50 empregados en Galicia
O Grupo Hotusa, un dos máis importantes do país, anuncia que está a buscar a "50 talentos en Galicia" para integrarse nas súas oficinas de Chantada e nos diferentes hoteis da cadea.
O Grupo Hotusa, un dos máis importantes do país, anuncia que está a buscar a "50 talentos en Galicia" para integrarse nas súas oficinas de Chantada e nos diferentes hoteis da cadea.
DÚAS XORNADAS DE SELECCIÓN
Para tal fin, Hotusa e o portal de emprego Turijobs.com programan dous eventos de selección durante o 12 de xuño en Chantada e 14 de xuño en Santiago de Compostela. Ofrécense postos para recepción, reservas, programación, cociña, sala, comercial e vendas, entre outros.
Amancio López Seijas, presidente de Hotusa
Os candidatos poderán entrevistarse co equipo de recursos humanos , quen lles orientarán na posición que máis encaixe co seu perfil profesional. Os interesados deben anotarse a través das ofertas de emprego dispoñibles en Turijobs.
A compañía promete seleccionar a máis de 50 profesionais que "demostren unha gran confianza nas súas capacidades, interese por aceptar novos retos e ambición para desenvolver unha carreira nunha compañía con importantes perspectivas de crecemento".
Hotusa, cos seus máis de 4.500 empregados, opera, entre outros, Hotusa Hotels, "o primeiro consorcio hostaleiro mundial con máis de 2.700 hoteis asociados ao redor do mundo".
Escribe o teu comentario