Noriega atopa unha vía para salvar os postos dos profesores da Escola de Música

Os profesores do centro municipal de música estaban en folga indefinida. A única empresa que se presentou ao concurso público non garantía a súa subrogación. Hai semanas que o alcalde prometera implicarse no conflito para garantir a continuidade dos mestres. Hoxe o concello desvelou a solución, que é provisional. 


|


Os profesores do centro municipal de música estaban en folga indefinida. A única empresa que se presentou ao concurso público non garantía a súa subrogación. Hai semanas que o alcalde prometera implicarse no conflito para garantir a continuidade dos mestres. Hoxe o concello desvelou a solución, que é provisional.



18 05 08 PechePersoalEscolaMusica ConcelloSantiago


A xunta de goberno local do Concello de Santiago acordou este luns deixar deserta a adxudicación do servizo de dirección pedagóxica, docencia e organización da Escola Municipal de Música.


Segundo explicou o Concello, desta maneira o executivo asume a proposta da mesa de contratación celebrada na mesma mañá deste xornada, unha decisión que xa foi comunicada aos traballadores do centro.


PRÓRROGA Á ACTUAL ADXUDICATARIA

Concretamente, a mesa propuxo deixar deserta a licitación por entender que a oferta económica presentada pola única empresa que se presentou ao proceso non cumpría os requisitos esixibles e ese defecto "non era emendable".


Así, a xunta de goberno aprobou esa proposta e o executivo prevé ampliar a orde de continuidade da prestación do servizo á empresa que xestiona actualmente a escola de música, en vigor ata o 30 de xuño.


Respecto diso desta decisión, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, explicou que o goberno local redactará uns novos pregos nun proceso "dialogado cos traballadores e cos pais e nais do alumnado".


GARANTIR A ESTABILIDADE

"Trátase de garantir a estabilidade do cadro de persoal e a calidade do modelo educativo", sinalou Noriega, quen aclarou que o primeiro paso será "estudar as posibilidades que ofrece a nova Lei de contratos", un traballo "que corresponde aos técnicos".


A decisión adoptada está na liña das demandas dos traballadores e das familias con nenos na escola municipal, que tiñan previsto suspender as protestas se se cumprían as súas peticións.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE