Os profesores do centro municipal de música estaban en folga indefinida. A única empresa que se presentou ao concurso público non garantía a súa subrogación. Hai semanas que o alcalde prometera implicarse no conflito para garantir a continuidade dos mestres. Hoxe o concello desvelou a solución, que é provisional.
Esprofade S.L., que foi a única empresa que presentou unha oferta ao concurso de xestión da Escola Municipal de Música, especificou que non garante asumir a todo o persoal actual do centro.