Folga indefinida das traballadoras da Escola Municipal de Música

Esprofade S.L., que foi a única empresa que presentou unha oferta ao concurso de xestión da Escola Municipal de Música, especificou que non garante asumir a todo o persoal actual do centro.


|

Escola municipal musica

Imaxe: Escola Municipal de Música


As traballadoras da Escola Municipal de Música (EMM) de Santiago de Compostela vén de anunciar que o vindeiro luns 21 empezarán unha folga indefinida para defender os seus postos de traballo


A convocatoria indefinida chega despois de que o pasado 8 de maio se fixese público que a empresa de servizos culturais e deportivos Esprofade S.L. é a única compañía que se presentou ao concurso, deixando claro desde un principio que non garante asumir a todo o persoal actual do centro


Nunha asemblea de urxencia celebrada este venres 18, as traballadoras decidiron por unanimidade comezar a folga indefinida "ata ter a certeza total e absoluta de que se van a manter os postos de traballo", segundo declararon nun comunicado da CIG -que ostenta a representación laboral no centro-. 


O vindeiro luns 21 celebrarase a Mesa de Contratación  "que ten que dirimir que ocorre coa candidatura da única empresa que se presentou ao contrato para xestionar o servizo", apuntan no escrito. O persoal lamenta que "a única certeza" que teñen agora mesmo é que "a día 30 de xuño acaba a súa relación coa empresa actualmente adxudicataria". 


Tras o peche do pasado 8 de maio, Noriega reuniuse co persoal e asegurou que "comparte a preocupación lóxica e lexítima das traballadoras da Escola Municipal de Música e das familias usuarias". O rexedor comprometeuse a manter un contacto regular coas partes para informar das xestións" achega do proceso. O vindeiro luns avaliarase a oferta económica "de poderaa derivar unha proposta de adxudicación", explicou Noriega. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE