folga indefinida

Demandan ao Grupo Norte por decretar servizos mínimos do 100% "41 minutos antes dos paros" do 061

A vulneración prodúcese ao decretar uns servizos mínimos do 100% das presenzas habituais "tan só 41 minutos antes de iniciarse o primeiro paro e sen posibilidade de presentar alegacións previas"

CIG denucia que Atento presiona ao persoal para desconvocar a folga: "É mellor non airear os problemas"

A empresa "tentou lavarse as mans" descargando a responsabilidade das condicións no contrato con Telefónica

O persoal da zona azul reclama a intervención do Concello de Vigo para acabar coa folga indefinida

PP e Marea piden que a empresa non poida volver prestar servizos, e o goberno promete "firmeza", "dentro da legalidade"


O persoal de Maderas Iglesias critica a Francisco Conde por chamar ao fin da folga e "responsabilizarlles" da situación

"Nestes momentos é o propio empresario o que ten que dar esa resposta para garantir a continuidade tanto da actividade como dos postos de traballo", declarou Conde

Medio Ambiente comparece ante Inspección de Traballo pola denuncia de axentes forestais e ambientais

Axentes forestais e ambientais denunciaron supostos incumprimentos en materia de protección e seguridade

O persoal de Maderas Iglesias en folga indefinida por falta de pagamentos e incumprimentos da empresa

A Xunta "non dá sinais" pese ao compromiso aprobado en sede parlamentaria de traballar para salvagardar os 200 empregos da planta 

Axentes forestais e ambientais continúan a súa loita cunha manifestación en Vigo

Os axentes forestais e ambientais levan 11 anos co acordo das súas condicións de traballo caducado

En Marea pide que a Xunta atenda ás reivindicacións de axentes forestais e retire a súa "proposta miserable"

"A Xunta segue ignorando as demandas deste colectivo deixando pasar os días, mentres estamos na campaña de alto risco de incendios forestais, e o conflito continúa sen resolverse"

O persoal do 061 suspende a folga indefinida pola apertura de negociacións

Pola súa banda, a Xunta de Persoal 061 denunciou que xa se efectuaron os primeiros traslados en modo de probas por traballadores que non son médicos coordinadores en activo

Continúa a "pelexa" por unhas mellores condicións do persoal do 061

Representantes de PSOE e BNG trasladan o seu apoio a este colectivo e ven o seu traslado unha decisión "ineficiente" e "irresponsable" da Xunta

O persoal do servizo de lixo e limpeza de Vigo chega a un preacordo coa empresa
O persoal de FCC, concesionaria do servizo de recollida de lixo e limpeza viaria e de praias no Concello de Vigo, desistiu da folga indefinida que tiña previsto iniciar o próximo día 13, despois de que o comité de empresa alcanzase un preacordo coa empresa, que foi ratificado por unanimidade este luns en asemblea de traballadores.
Folga indefinida das traballadoras da Escola Municipal de Música

Esprofade S.L., que foi a única empresa que presentou unha oferta ao concurso de xestión da Escola Municipal de Música, especificou que non garante asumir a todo o persoal actual do centro.

O presidente do Comité de folga de xustiza renuncia ao seu cargo, pero mantense a unidade sindical

Supón o terceiro cambio desde que o pasado 7 de febreiro se iniciou a folga indefinida coa que se reclama á Xunta de Galicia a mellora das condicións salariais dos traballadores de xustiza e a súa equiparación cos doutras comunidades españolas. 

Sindicatos de Xustiza piden a "inmediata convocatoria" da mesa de negociación

Cando están a piques de cumprirse dous meses e medio de folga, e tras a reunión celebrada o pasado mércores coas negociacións "rotas pola representación da Xunta", o comité lembrou que "mantén a súa disposición ao diálogo".

Sindicatos de xustiza e Xunta retoman as negociacións para acabar coa folga indefinida​
A Xunta ábrese a "modificacións" na súa última proposta pero insiste en que o "marco económico" para negociar é o que está sobre a mesa



​Rueda reclama "seguir negociando sen manter unha folga indefinida"

O vicepresidente insiste en que a súa oferta é a última. "Aí nos imos manter", remarcou.

​Rueda rexeita a contraoferta dos funcionarios de xustiza e non variará a súa proposta

"Por moito que pasen os días, non vai variar", anuncia o vicepresidente, que defende que a folga "non é ningún pulso".

Os funcionarios de xustiza avisan: "Estamos aínda moi lonxe de alcanzar un acordo"

Aínda que tanto a Xunta como os traballadores achegaron as súas esixencias, continúa a folga indefinida.

A folga indefinida na xustiza arrinca con apoio masivo e centos de xuízos suspendidos

Os representantes dos traballadores lembran que lle toca "mover ficha" á Xunta, que rexeitou a mediación.

​Os traballadores de Xustiza deciden que a folga sexa total e non de media xornada

O comité de folga destaca que están dispostos a "sacrificar o cento por cento" das súas nóminas ata o verán.


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE