Demandan ao Grupo Norte por decretar servizos mínimos do 100% "41 minutos antes dos paros" do 061

A vulneración prodúcese ao decretar uns servizos mínimos do 100% das presenzas habituais "tan só 41 minutos antes de iniciarse o primeiro paro e sen posibilidade de presentar alegacións previas"


|

Nova concentración de traballadores do 061 polo seu traslado á Estrada.

Protesta do persoal do 061


O comité de folga do Grupo Norte da central de chamadas do 061 presentou unha demanda de tutela dos dereitos fundamentais pola vulneración do dereito á folga, segundo explicou a Confederación Intersindical Galega nun comunicado. 


A vulneración prodúcese, apunta a CIG, ao decretar uns servizos mínimos do 100% das presenzas habituais "tan só 41 minutos antes de iniciarse o primeiro paro e sen posibilidade de presentar alegacións previas". 


O 24 de xullo o persoal do 061 preavisou da convocatoria dunha folga indefinida a partir do 4 de agosto como resposta ao conflito xerado pola modificación das condicións de traballo co cambio do centro de traballo e do cadro de persoal á Estrada. Entre tanto, continúa a CIG, o 14 de agosto traballadoras e traballadores deciden desconvocar a folga "ante a negativa da empresa para volver a negociar mentres continuase". 


O 29 de agosto "ante a imposibilidade de chegar a un acordo", o persoal convoca folga para os días 10, 15, 17 e 22 de setembro e o comité comunícase co avogado da empresa e o Responsable do Proxecto o 8 de setembro por "a ausencia de servizos mínimos". A pesar dos repetidos intentos por parte do comité de coñecer os servizos mínimos, segundo expón a CIG, non é ata o propio 10 de setembro ás 11.19h cando a Consellería de Sanidade emite un comunicado "ordenando uns servizos mínimos do 100% e dá de prazo ata as 12.00h do día 11 para formular alegacións".


"Aos poucos minutos de que a Consellería emitise a comunicación e abrise prazo de alegacións, a empresa concesionaria designou ao 100% do persoal como servizos mínimos e cominou 'con carácter imperativo' ao cumprimento dos mesmos", denuncia a CIG. 


Así as cousas, o comité de folga acaba de presentar unha demanda en relación á antelación coa que se comunicaron os servizos mínimos que, ao seu xuízo, supón unha vulneración dos dereitos do persoal pola "imposibilidade de exercer o dereito a folga" e cuestionan a necesidade dos servizos do 100% nos que incluíase non só o 061, senón tamén o 902 400 116, "que tamén se atende desde esta central de chamadas, cando non é un servizo esencial"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE