CIG denucia que Atento presiona ao persoal para desconvocar a folga: "É mellor non airear os problemas"

|

Folga Atento Imaxe CIG

Mobilización do pesonal de Atento | Imaxe: CIG


O persoal de Atento continúa a folga iniciada o pasado mes de maio en contra dos "despedimentos inxustificados" e as sancións. Preparado para a folga de 24 horas que terá lugar na plataforma da Coruña o vindeiro luns 17 de setembro, o persoal denunciou presións por parte da empresa para acabar coa mobilización


"A dirección insta o persoal a que deixe de participar nas protestas argumentando que é mellor non airear fose os problemas e culpando ao comité de non querer negociar", apunta a CIG nun comunicado, pero, continúa, "xa non enganan a ninguén", porque na empresa levan "loitando para que se respecten os nosos dereitos desde o primeiro día, hai xa 20 anos".


Así mesmo, desde a sección sindical da CIG en Atento denuncian que "tras o éxito da manifestación do pasado luns" a dirección reuniu ás traballadoras e traballadores en grupos de 10 persoas "nun intento de presionalas e convencelas para que abandonen as protestas". Estes encontros producíronse, segundo o sindicato, o día antes da reunión coa representación sindical e a empresa "tentou lavarse as mans" descargando a responsabilidade das condicións no contrato con Telefónica. 


"Só se comprometeron a estudar as necesidades de formación en dúas dos servizos e a tratar coa mutua as queixas trasladadas polo persoal polas prácticas irregulares", expoñen. A dirección, continúan, "negou" a existencia de problemas na imposición dos períodos de vacacións e "rexeitou" acabar coas sancións e despedimentos por baixo rendemento e baixas médicas. "O único que fan é queixarse da mala imaxe que damos coas nosas protestas e dos elevados índices de absentismo que hai no centro de Coruña, que situaron no 18%". 


Así as cousas, a sección sindical da CIG chamou a traballadoras e traballadores a secundar a folga das 24 horas do luns e demostrar  a empresa que "non van parar" ata que atendan as súas reivindicacións


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial
Powered by Bigpress