Sindicatos de Xustiza piden a "inmediata convocatoria" da mesa de negociación
Cando están a piques de cumprirse dous meses e medio de folga, e tras a reunión celebrada o pasado mércores coas negociacións "rotas pola representación da Xunta", o comité lembrou que "mantén a súa disposición ao diálogo".
Tras a última reunión entre Sindicatos de Xustiza e Xunta para desbloquear a folga indefinida de xustiza, o comité de funcionarios da Administración de Xustiza de Galicia solicitou ao goberno autonómico a "inmediata convocatoria" da mesa de negociación para "retomar o diálogo" e poder "chegar a un acordo" que poña fin á folga.
Nun escrito entregado no rexistro da Xunta en Pontevedra, os sindicatos SPJ USO, Alternativas na Xustiza CUT, UXT, CSIF, STAJ, CIG e CC.OO. lembran que o comité "continúa avalado polos traballadores" do ámbito da xustiza galega como representante nas negociacións "en defensa dos seus dereitos".
Cando están a piques de cumprirse dous meses e medio de folga, e tras a reunión celebrada o pasado mércores coas negociacións "rotas pola representación da Xunta", o comité lembrou que "mantén a súa disposición ao diálogo".
Por iso, "solicita a inmediata convocatoria da mesa de negociación para retomar o diálogo e poder chegar a un acordo que acabe co conflito", finaliza o documento.
Escribe o teu comentario