Santiago imprégnase de poesía galega con 'Alguén que RESPIRA!'

O festival terá lugar no Teatro Principal desde este mércores 21 de marzo, Día Mundial da Poesía, ata o vindeiro sábado 24 de marzo


|


RP Respira! 2

Presentación do festival de poesía 'Alguén que RESPIRA!'


Santiago de Compostela imprégnase da emoción e o sentimento da poesía galega coa chegada de ‘Alguén que RESPIRA!’, a primeira edición deste festival de poesía que organiza o Concello da capital galega, en colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística. As entradas a todas as súas actividades son gratuítas, previa retirada de invitación no despacho de billetes do Teatro Principal.


O evento foi presentado esta mesma mañá pola concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, o Secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o poeta e director artístico do festival, Antón Lopo.


O festival terá lugar no Teatro Principal desde este mércores 21 de marzo, Día Mundial da Poesía, ata o vindeiro sábado 24 de marzo. Contará con proxeccións, recitais, conferencias e diálogos de todo tipo, e dispoñerá de importantes voces dentro do ámbito da poesía galega e internacional, tales como María Xosé Queizán, Olvido García Valdés, Andrew Mcmillan, Olga Novo, Raquel Lima ou Niño de Elche, entre outros.


Con motivo da celebración do festival, a Concellería de Acción Cultural e a Secretaría Xeral de política Lingüística editaron un libro que inclúe o programa completo e as achegas poéticas dos participantes. Presenta importantes novidades literarias, con avances dos novos poemas de Olga Novo , os primeiros poemas en galego de Miriam Reyes ou textos inéditos de Luísa Castro, Xil Xardón, Silvia Penas e Oriana Méndez.


Por último, o festival non queda na simple exposición de tendencias ou nunha reunión de afeccionados; tamén apostará por incentivar experiencias para ampliar o horizonte poético e como gran obxectivo do programa de producións xestionadas desde o festival. Este ano, as propostas de produción foron para un espectáculo de Ana Vallés sobre a poesía de Lupe Gómez, outro de Clara Gayo, Carlos Santiago e Zé Paredes, e un videopoema de Miriam Reyes.

relacionada Chega o 'Wikimaratón' a Ourense para introducir na Galipedia biografías de mulleres galegas
relacionada A elite do negocio musical debaterá en Galicia

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE