A elite do negocio musical debaterá en Galicia

A Cidade da Cultura de Galicia acolle os próximos 24 e 25 de marzo o Atlantic Emprende+ Gaiás, un espazo para o encontro entre profesionais, estudantes, emprendedores e empresas do sector musical. Entre os relatores contarase co director do Primavera Sound de Porto, José Barreiro; a co-fundadora do selo discográfico Subterfuge Records, Gemma del Val; ou o asesor da Organización Mundial do Turismo, Iñaki Gaztelumendi.


|

A Cidade da Cultura de Galicia acolle os vindeiros 24 e 25 de marzo o Atlantic Emprende+Gaiás, un espazo para o encontro entre profesionais, estudantes, emprendedores e empresas do sector musical. Entre os relatores contarase co director do Primavera Sound de Porto, José Barreiro; a co-fundadora do selo discográfico Subterfuge Records, Gemma del Valle; ou o asesor da Organización Mundial do Turismo, Iñaki Gaztelumendi.


Estas xornadas inclúen charlas de expertos en torno aos retos e oportunidades da industria no panorama actual, abordando temas como o rol da música no desenvolvemento dos territorios e do sector turístico; ou novos modelos de eventos e festivais, adaptados a novos públicos. Tamén haberá espazo para o networking e, especialmente, para a música, pois cada unha das xornadas estará pechada por cadanseu concerto acústico de artistas do panorama galego máis actual. O evento está organizado pola Fundación Cidade da Cultura de Galicia en colaboración co Atlantic Fest e conta ademais co apoio da Agadic.


Atlantic Emprende+Gaiás arrancará o sábado 24 de marzo ás 16:00 horas, cun panel sobre creación de marca e novas estratexias de comunicación e promoción na industria musical, para o se vai contar coa presenza de Gemma del Valle, especialista en comunicación, marketing e redes sociais. Del Valle é ademais cofundadora do selo Subterfuge Records, de referencia en España entre as compañías discográficas independentes.


Para finalizar a xornada abordarase o papel da música no desenvolvemento dos territorios, a repercusión dos eventos musicais no seu entorno e o sector do turismo cultural. Para tratar estas cuestións, Atlantic Emprende + Gaiás contará con Iñaki Gaztelumendi, quen fora director xerente de Turismo de Santiago e actualmente traballa como docente e consultor especializado en estratexia do sector turístico, con clientes como a Organización Mundial do Turismo, a Comisión Europea ou a Spain Film Comission. Pechará o panel a investigadora en desenvolvemento económico, urbanismo e industrias culturais, Paloma Medina.


Organización de eventos musicais


O domingo 25 de febreiro os paneis de discusión centraranse na organización de festivais e outros eventos musicais. Por unha banda, abordaranse cuestións específicas da nova Lei de Espectáculos e a súa repercusión en canto a seguridade, accesibilidade, medio ambiente e conservación do patrimonio. Por outra, falarase sobre novos modelos de eventos destinados a novos públicos, un tema para o que se vai contar coa presenza do portugués José Barreiro, presidente do consello de administración de Pic-Nic Produções e director do NOS Primavera Sound de Porto, festival de referencia no panorama da música alternativa europea. Foi ademais impulsor e co-organizador do veterano festival de Paredes de Coura desde a súa primeira edición.


A xestión e organización de eventos musicais representa un importante activo cultural, económico e turístico para Galicia, onde festivais de referencia como Ortigueira, Resurrection Fest ou Altantic Fest xeran riqueza e proxección internacional para a comunidade. Formar aos estudantes e profesionais da industria musical, así como fomentar o debate e intercambio de coñecementos é un dos principais obxectivos destas xornadas, contribuíndo así a fortalecer e mellorar a competitividade da industria musical galega.


Concertos


A música continuará moi presente no Atlantic Emprende+Gaiás unha vez finalizados os paneis de debate. Así, o público asistente a cada unha das xornadas terá a oportunidade de gozar dun concerto de artistas do panorama galego actual. No caso do sábado contarase cun programa dobre de concerto acústico máis unha pinchada de Rapariga DJ para pechar a xornada. 



Maxresdefault 4



O domingo pechará o evento DeVacas, o cuarteto de guitarra e tres voces formado por Paula Romero, Inés Salvado, Faia Díaz e Guillerme Fernández, especialmente coñecido polas súas versións en galego de temas comerciais de éxito internacional. A banda foi galardoada nos Premios Martín Códax da Música 2016 na categoría de Coros e Música Vocal.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE