Presentados os concertos das Festas do Apostol 2018, que serán todos gratuítos

A icona do novo flamenco Rosalía, a lenda da música latina Rubén Blades e o grupo de rock Wolfmothe entre os pratos fortes da programación entre 15 ao 31 de xullo. 


|

A icona do novo flamenco Rosalía, a lenda da música latina Rubén Blades e o grupo de rock Wolfmother entre os pratos fortes da programación entre 15 ao 31 de xullo.



María Rozas


Os cantantes Rosalía e Rubén Blades, e o grupo de rock Wolfmother son algúns dos "artistas recoñecidos" que participarán nas festas do Apóstolo 2018 na capital galega, que terán lugar do 15 ao 31 de xullo.


Así, avanzouno a alcaldesa en funcións, María Rozas, quen non quixo dar máis detalles da programación e anunciou que o vindeiro martes a concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, será quen dea todos os detalles da programación destas festividades.


TODAS AS ACTUACIÓNS GRATIS

Iso si, a rexedora en funcións tamén explicou que as festas contarán con "presenza feminina", xa que todos os días haberán concertos de mulleres. Ademais, no Centro Cívico Romaño-Vista Alegre, actuarán artistas migrantes do ámbito musical, cultural e teatral, aclarou.


As actividades da programación destas festividades serán gratuítas, por razóns culturais e de interese público, apuntou a alcaldesa. Deste xeito, as festas terán un custo total de 657.000 euros.


LIMPEZA DE ROZAS

Así mesmo, a alcaldesa anunciou que se aprobou o proceso de adxudicación dun contrato como proposta complementaria. Con este contrato, preténdese complementar os traballos principais de rozas e así rozar, limpar e manter as marxes de estradas, os camiños fluviais e parcelas municipais, por un custo duns 121.000 euros.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE