A Praza do Obradoiro, capital mundial do enduro

Todo un luxo para os aficcionados ao motor. Unha proba do Campionato do Mundo de Enduro terá lugar en Santiago Compostela este fin de semana. En concreto, os días 27, 29 e 29 de abril a capital acollerá a segunda proba da competición mundial.


|

Todo un luxo para os aficcionados ao motor. Unha proba do Campionato do Mundo de Enduro terá lugar en Santiago Compostela este fin de semana. En concreto, os días 27, 29 e 29 de abril a capital acollerá a segunda proba da competición mundial.


180424 deporte 01a


Hoxe presentouse o evento. A concelleira de Deporte, Noa Morais, a secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez; o presidente da Federación Galega de Motociclismo e o piloto e inspector da FIM Enduro World Championship, Maurizio Micheluz participaron no acto público.


As motos arrincarán desde a praza do Obradoiro, "lugar no que nos atopamos hoxe presentando a proba e onde o venres 27 quedará instalado o parque pechado correspondente a esta xornada", tal e como explicou a concelleira Noa Morais. Mauricio Micheluz estima que a competición reunirá en Compostela preto de 600 pilotos de todo o mundo e a 6.000 visitantes.


A secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez, incidiu en que "Galicia ten moitísimos lugares excepcionais e deportes que se realizan ao aire libre na tempada de verán o que poderá ver a xente cando visite Santiago este fin de semana".


HORARIOS


A competición comezará os dous días do fin de semana ás 9 da mañá.  A posteriori as probas trasladaranse as proximidades do Estadio de San Lázaro e do Polígono Industrial da Sionlla, onde estarán situados o paddock, a área de adestramento, o supertest do venres e a extrema, así como a saída, meta, parque preto, e podio os días 28 e 29. 


No referente á proba, os participantes darán tres voltas a un percorrido de 70 quilómetros no que se intercalarán dous controis, un tramo -7 km.-, unha crono -5 km.-, e a extrema -2 km.-, permitindo ao público ter un cómodo acceso únaa sección trialera que se atopará a escasa distancia do paddock.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE