sanidad

Os pediatras galegos teñen unha cita na Cidade da Cultura

A XIII reunión da Asociación Galega de Pediatría de Atención Primaria celebrarase o próximo 6 de abril na capital galega.

Os sindicatos trazan a folla de ruta para a folga da Atención Primaria

As organizacións que acudirán á folga de abril demandan un aumento dos orzamentos, máis persoal e a creación dunha Xerencia de Atención Primaria.

Colectivo de médicos alertan que as oposicions son un "parche" que non liquida a "situación crítica" do SERGAS
A organización sindical Médicos de Galicia Independentes (Ou'Mega) denunciou este luns a "insuficiente oferta" de facultativos na OPE 2019, que considera un "pequeno parche" ante a falta de persoal.
O CESM secundará a folga en Atención Primaria de abril
A Confederación Española de Sindicatos Médicos en Galicia (CESM) secundará a folga convocada en defensa da Atención Primaria en Galicia en demanda dun financiamento "xusto, independente e finalista" que "permita a dotación dos recursos humanos e técnicos necesarios para manter unha sanidade pública digna e de calidade".
Estes complementos teñen Viagra e non o anuncian, polo que foron retirados

A Operación Pangea XI desenvólvese en varias localidades galegas para sacar do mercado complementos alimenticios que dicían ser naturais cando en realidade tiñan principios activos de medicamentos


O Goberno de España dá luz verde para gastar ducias de millóns máis no SERGAS
A ministra de Facenda asegura que haberá unha negociación bilateral para comprobar que se cumpren as regras fiscais e determinar a cantidade
Folga en Atención Primaria os días 9, 10 e 11 de abril
A Coordinadora Galega de Atención Primaria ten previsto presentar este venres a convocatoria de folga para o 9, 10 e 11 de abril neste nivel asistencial en Galicia co respaldo de media ducia de sindicatos.
O SERGAS non dispón de consentimentos informados en galego para os cidadáns

A denuncia dun usuario, recollida por ‘A Mesa pola Normalización Lingüística’, pon de manifesto esta discriminación á lingua por parte da sanidade galega.

A Feijóo non lle consta ningún conflito en Atención Primaria

Os profesionais de Atención Primaria levan meses de mobilizacións, dimitiron case todos os xefes de servizo dunha área sanitaria e está convocada unha folga. Con todo, lberto Núñez Feijóo, afirmou que a Xunta non ten constancia de que exista "un conflito" cos profesionais da Atención Primaria.

As reunións non evitan que a Coordinadora Galega de Atención Primaria manteña a folga
A Coordinadora Galega de Atención Primaria mantén a proposta de folga para os días 9, 10 e 11 de abril neste nivel asistencial a pesar de reunións "para dividir ao colectivo" sanitario, segundo denuncia, como a mantida este mércores entre directivos da Consellería de Sanidade e representantes de sociedades científicas e colexios médicos.
A agresión a dous vixiantes obriga ao CHUS a revisar o seu persoal de persoal de seguridade

A UXT aprema ao complexo hospitalario para que o centro conte cun número de vixiantes acorde ás necesidades “reais”. 

“Os celadores somos as muletas dos pacientes e facémolo co mellor sorriso”

María Carmen Vázquez Durán, celadora no Hospital do Meixoeiro, atende a Galiciapress para explicar cales son as funcións deste colectivo invisibilizado, os problemas aos que se enfrontan día a día e as demandas do sector. “Non reparamos en que mañá imos ser nós os que ocupemos esas mesmas camas”, lamenta a celadora.

Van 80 falecidos por gripe esta tempada, case a metade non estaban vacinados
Os falecidos con gripe na Comunidade Autónoma de Galicia ascenden a 80 desde o inicio da tempada --50 deles por gripe e 30 máis co virus--, dos que 39 non estaban vacinados.
Feijóo asegura que o futuro contrato para o sector das ambulancias “sairá cun tipo superior”

Respondendo a preguntas de Galiciapress, o mandatario galego explicou que o novo contrato contará cun “incremento na oferta que fará o SERGAS”. Ademais, condenou os actos vandálicos da folga: “Avergóñannos como país; Galicia non é así”.

CESM condena as sabotaxes ás ambulancias por “prexudicar aos pacientes”

A Confederación Española de Sindicatos Médicos respecta “o dereito aos traballadores para manifestarse” pero recalca a súa “rotunda condena” aos actos vandálicos.

A uróloga Lucía Osorio incorpórase a HM Hospitais

Osorio formará equipo co Servizo de Urología do Hospital HM Modelo da Coruña, coordinado por Daniel López.

Unha reflexión para tomar impulso


SATSE únese un ano máis, ás mulleres, e aos homes que as acompañan, poñéndonos en fronte de recortes en dereitos e nos que sofren os sistemas sanitarios e socio-sanitarios.


As sabotaxes ás ambulancias se recrudecen e a patronal di vivir "un pesadelo"

Os empresarios piden á Xunta “mecanismos” que poidan “garantir o servizo” a falta de 12 días para que se cumpran os prazos antes de iniciar a folga indefinida.

A deterioración da sanidade pon en risco o labor dos traballadores sociais coa infancia

Así o denuncia o documento conxunto, asinado por catro asociacións e cinco colexios profesionais, que expón os problemas e as carencias que afectan ao área sanitaria Santiago-Barbanza.

O persoal de enfermería fai subir a valoración media da sanidade pública en Galicia

Os usuarios deron unha nota de 6,43 sobre 10 ao sistema sanitario público, cunha valoración de “ben ou bastante ben”, nunha enquisa da que sae moi ben parado o persoal de enfermería.


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE