Folga indefinida na limpeza dos hospitais galegos
Os sindicatos CIG e Comisións Obreiras convocarán unha folga indefinida no sector da limpeza sanitaria. Así o adiantaron as delegadas e delegados das traballadores este martes en rolda de prensa en Santiago de Compostela mediante unha rolda de prensa urxente.

Unha pasada mobilización da limpeza no CHUS |CIG
A decisión foi tomada hoxe mesmo, mediante unha asemblea de delegados e delegadas reunidas en Compostela. O paro comezará o próximo 10 de abril. Coincidirá así co paro do persoal sanitario do SERGAS en Atención Primaria, convocado para o 9, 10 e 11 deste mes.
"AFECTARÁ AOS USUARIOS"
A convocatoria é para uns 4.000 traballadores do sector e "afectará a miles de usuarias e usuarios". As centrais reclaman á Xunta que tome nota e acusan á administración de "permitir que se incumpran os acordos logrados en 2008, 2009 e ratificados en 2018".
Ademais, citan explíticamente a algunhas compañías como responsables. "Clece, Grupo Norte, Grupo Faro e Ilunion néganse a pagar a equiparación salarial", argumentan.
Traballadores do sector levan mobilizándose dese hai meses con concentracións. Denuncian así, entre outros puntos, as súas condicións de precariedade. Por exemplo, segundo a CIG, a concensionaria da limpeza do hospital de Santiago de Compostela, Grupo Norte, realizou máis de 1.400 contratos, a maioría temporais, só o ano pasado e incumpriu o convenio colectivo.
Escribe o teu comentario