Os sindicatos trazan a folla de ruta para a folga da Atención Primaria

As organizacións que acudirán á folga de abril demandan un aumento dos orzamentos, máis persoal e a creación dunha Xerencia de Atención Primaria.


|

As organizacións que acudirán á folga de abril demandan un aumento dos orzamentos, máis persoal e a creación dunha Xerencia de Atención Primaria.


Traballadores dos PAC peregrinan desde a Consellería de Sanidade ao Obradoiro

Manifestación dos traballadores dos PACs


As organizacións sindicais que acudirán á folga dos días 9, 10 e 11 de abril na Atención Primaria chaman ao SERGAS a abrir “un marco de negociación” co obxectivo de “conseguir unha Atención Primaria digna, cunha organización propia que poida xestionar os orzamentos e os recursos humanos necesarios”.


Así, os sindicatos cren que é punto é prioritario para poder desenvolver o traballo e os profesionais médicos “en condicións de dignidade tanto para o paciente como para os profesionais”. Desta forma, demandan á administración que poña do seu parte para alcanzar un novo acordo sobre a mellora da Atención Primaria “que inclúa todas as categorías”.


PUNTOS CRAVE

Os sindicatos xa sentaron as bases da súa folla de ruta para que, chegado o momento de sentar a negociar, teñan claras as súas demandas. En primeiro lugar, os sindicatos denuncian a necesidade de aumentar de forma progresiva os orzamentos que se destinan á Atención Primaria. O obxectivo do sector é alcanzar “o 25% dos orzamentos totais da sanidade pública en 4 anos” sen incluír o gasto farmacéutico.


Na mesma liña, as distintas organizacións sindicais piden a modificación das actuais EOXIs e a creación dunha Xerencia de Atención Primaria, un organismo que teña “capacidade de planificar e xestionar os orzamentos e recursos humanos propios, en pos dunha igualdade coa Atención Hospitalaria e recuperando as áreas sanitarias suprimidas”.


A folga tamén servirá para poñer de manifesto a perentoria necesidade de dotar á Atención Primaria de máis persoal con “unha convocatoria inmediata de todas as prazas necesarias en todas as categorías”, co fin de cubrir os baleiros do sector e rebaixar os cocientes actuais e pacientes por profesional. Ademais, demandan que se teñan en conta as futuras xubilacións e a eliminación das limitacións da taxa de reposición.



Por último, os sindicatos tamén batallan por poñer coto á precariedade laboral do persoal sanitario da Atención Primaria. Para iso, solicitan a modificación do modelo de contrato alcanzado na mesa sectorial. De igual maneira, consideran prioritario solucionar o actual conflito dos PACs “garantindo unha prestación asistencial segura e de calidade tanto para pacientes como para profesionais, apoiando as reivindicacións recollidas na súa convocatoria de folga”. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE