A Atención Primaria en Galicia: máis rápida que a media nacional

Os galegos esperan unha media de 2,79 días para ser atendidos de atención primaria, case a metade que o resto dos españois (4,77 días de media) segundo os datos do Barómetro sanitario, publicados polo Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social.

|

Os galegos esperan unha media de 2,79 días para ser atendidos de atención primaria, case a metade que o resto dos españois (4,77 días de media) segundo os datos do Barómetro sanitario, publicados polo Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social.



O 67% dos pacientes, ademais, foron atendidos no mesmo día ou ao seguinte de pedir a cita, segundo indica o exposto no documento oficial. Este dato mellora nun 20% o que engloba a toda España, na que só o 47% dos usuarios foron atendidos con tanta rapidez, segundo explicou a Xunta nun comunicado.


Ademais, a valoración xeral da atención primaria en Galicia por parte dos usuarios alcanza o notable cun 7,47 sobre 10. Esta nota é lixeiramente superior á do Sistema Nacional de Saúde --7,31--. Os apartados de enfermería e de confianza e seguridade transmitidos polo persoal médico son, en concreto, os mellor valorados cun 7,57 e un 7,70, respectivamente.


Así mesmo, o 88,1% dos enquisados valorou como "boa ou moi boa" a atención recibida nos centros de atención primaria do Servizo Galego de Saúde (Sergas) aos que acudiron.


A atención hospitalaria, segundo datos do ministerio, tamén obtivo unha boa valoración por parte da comunidade galega, aínda que non destaca da mesma maneira. A nota neste campo é dun 6,95, moi similar á media nacional. Apartados como os coidados e atención do persoal --7,96-- e a enfermería --8--, teñen valoracións superiores ás do conxunto español.



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE