O SERGAS non dispón de consentimentos informados en galego para os cidadáns

|

A denuncia dun usuario, recollida por ‘A Mesa pola Normalización Lingüística’, pon de manifesto esta discriminación á lingua por parte da sanidade galega.


Vázquez Almuiña doa sangue ao final da campaña de Ados 'Verán 2018'.

Conselleiro de Saniadade Vázquez Almuiña


A denuncia dun vigués o pasado febreiro puxo de manifesto que o Servizo Galego de Saúde non pon a disposición dos usuarios o consentimento informado en galego. Así o fixo saber a plataforma ‘A Mesa pola Normalización Lingüística’, que narra como o usuario, que ía ser sometido a unha intervención cirúrxica, solicitou recibir o consentimento informado en galego, máis os membros do hospital admitiron que non podían cumprir a súa solicitude e que unicamente podía dispoñer do documento en castelán.



A pesar da reclamación, e unha vez cumprido o prazo marcado, o denunciante aínda non recibiu resposta por parte da sanidade galega e estuda emprender accións legais para defender o seu dereito para ser informado documentalmente na súa lingua.


DENUNCIAS REITERADAS

Esta denuncia non é un feito illado, xa que A Mesa, a través do servizo ‘A Liña do Galego’, tramitou só no ano pasado 303 queixas, das cales o 12% delas relacionadas cos servizos prestados co SERGAS.


A pesar dos reiterados informes da plataforma, A Mesa critica que “a administración abdica na súa responsabilidade e é a primeira en incumprir as súas propias normas en relación ao galego”. Elsa Quintas, directora do Observatorio de Dereitos Lingüísticos, considera que este datos “é máis unha evidencia dos pasos atrás que a Xunta está a dar nos últimos anos en relación ao impulso do galego e no respecto aos dereitos lingüísticos da cidadanía”. 










relacionada Manifestación en Lugo contra o Tribunal Supremo por atentar "contra a dignidade do conxunto do pobo galego"
relacionada Nin a Casa Real escapa ao informe de ‘A Liña do Galego’
relacionada A Mesa chama a atención á Xunta polas “vulneracións” que sofre o galego segundo a ONU

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress