Os pediatras galegos teñen unha cita na Cidade da Cultura

A XIII reunión da Asociación Galega de Pediatría de Atención Primaria celebrarase o próximo 6 de abril na capital galega.


|

A XIII reunión da Asociación Galega de Pediatría de Atención Primaria celebrarase o próximo 6 de abril na capital galega.


Pediatra auscultando a un paciente.


Santiago de Compostela acollerá a XIII edición da reunión anual da Asociación Galega de Pediatría de Atención Primaria, que terá lugar o próximo 6 de abril no edificio CINC da Cidade da Cultura, a partir das 10:30 horas. A xornada servirá para debater a situación actual do colectivo e poder chegar a puntos de encontro para mellorar a atención e o servizo ás familias.


“Este evento conta no seu programa con sesións dedicadas ás primeiras medidas ante unha emerxencia en Atención Primaria; as patoloxías en endocrinoloxía máis frecuentes na consulta e cando derivalas; os aspectos legais sobre o menor que todo pediatra debe coñecer; ou a aprendizaxe miccional correcto e os síntomas no tracto urinario inferior”, informa o comunicado da organización.


As xornadas contará cos relatorios e seminarios de Ana María Prado Carro, endocrina infantil no CHUAC da Coruña, Iván Somoza Argibay, cirurxián infantil do CHUAC, Yolanda Fernández Santervás, pediatra no Hospital Sant Joan de Deú (Barcelona) e directiva da Sociedade Española de Urxencias de Pediatría SEUP, e Carmen González León, profesora de dereito civil na Universidade de Salamanca que clausurará as xornadas como experta nun campo diferente ao da pediatría pero de interese para a súa profesión. Ademais, entre a xornada de mañá e tarde, terá lugar a asemblea xeral da Asociación Galega de Pediatría de Atención Primaria.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE